# Hashtag
Os xogadores do Alondras celebran a vitoria en Sarria. @ALONDRAS_C_F

Os apuntes da xornada na Terceira RFEF: o Alondras acada os postos de play-off

O ascenso está moi caro e o líder galego da Terceira RFEF non perdoa. A UD Ourense segue intratable unha xornada máis e sumou a súa quinta vitoria consecutiva contra o Villalonga (2-0). Grazas aos pinchazos do Rácing Villalbés, Sarriana e Estradense, distáncianse en catro puntos do segundo e parecen encamiñados a firmar unha tempada case inmaculada.

Os chairegos empataron na Magdalena co Gran Peña (0-0). Pese a dominar durante todo o partido, non puideron materializar a posesión en ocasións de perigo. A falta dun mes para o choque fronte ao líder, os de Alberto López teñen por diante un calendario moi complicado, con visitas á Estrada e ao Morrazo incluídas.

Pero hai que falar sobre todo dun inmenso Alondras, que encadea catro vitorias consecutivas e non perde dende hai dous meses. O seu triunfo fronte á Sarriana (1-2) e a derrota do Arosa contra o Barbadás (1-2) permítenlle escalar xa ata os postos de play-off, desbancando deles aos vilagarciáns.



Os de abaixo suman de tres

Na parte baixa da táboa case todos os equipos parecen unidos nunha misión: loitar sen tregua no tramo final da tempada para acadar a salvación. Viveiro, Boiro, Arteixo e Barbadás conseguiron sendas vitorias. Os mariñaos volveron gañar despois de tres meses. Puideron co Silva (2-0) en Cantarrana nun partido que se resolveu nos minutos finais. Supón tamén a primeira vitoria con Adrián Benavides.

Pola contra, o Villalonga métese en problemas ao caer derrotado de novo -desta vez nun campo tan difícil como O Couto- e necesitará gañar canto antes para saír do descenso. Os outros dous conxuntos que perderon esta fin de semana foron o Valladares e o Somozas; igualmente os que menos puntuaron nos últimos cinco envites.



Así está a táboa de goleadores

O máximo goleador da categoría segue a ser Rodri Parafita (Silva), con 15 tantos. Ségueo Compa, do Arosa, con 13 goles e, xa con 12, aparecen nomes consagrados na categoría coma Adrián Otero (Atlético Arteixo) e Dani Pedrosa (Boiro). Tamén o prometedor Dani Rosas (Gran Peña). Con 11, sitúanse Jorge Maceira (Polvorín), clave na última vitoria do filial albivermello, Giammattei (Viveiro), Miguel Freiría (Valladares) e Cañi (Villalbés).

Os apuntes da xornada na Terceira RFEF: o Alondras acada os postos de play-off

O terceiro tempo. Episodio 24

Os apuntes da xornada na Terceira RFEF: o Alondras acada os postos de play-off

Os xogadores Diferenciais da xornada 26 da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *