# Hashtag

Os Vintage: CD Baio 2016/2017

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é o CD Baio da tempada 2016/2017, que logrou o ascenso a Primeira Galicia.

Os nomes do ascenso

Os gardametas Diego Mallo, Julián Fuentes, Manu Cedrón e Martín Recarey; os defensas Pablo Rodríguez, Eloy Lema, Rodrigo Fachal, Fran Gavín, Alfredo Soneira, José Alvite, Mario Romero, Pablo Portomeñe, Ramón Gómez e Yago Couto; os centrocampistas Bieito Pose, Brais Garrido, Pedro Mateos, Isaac Rojo, José Souto, Martín Pérez, Diego Méndez, Norberto González e Iván García; e os dianteiros Christian Ordóñez, Javi Suárez, Martín Fuentes, Adrián Touriñán e Santi Díaz conformaban o cadro de xogadores do CD Baio na citada tempada. Pedro Gómez Ferreiro foi o adestrador que levou ao equipo do Platas Reinoso ao salto de categoría.

A regularidade por bandeira

O CD Baio rematou a fase regular do grupo 2 A Costa de Segunda Galicia como campión grazas aos oitenta e catro puntos obtidos nas trinta e catro xornadas de competición. Vinte e sete triunfos, tres empates e catro derrotas foron a bagaxe dun equipo que tivo a regularidade como punto forte durante todo o curso futbolístico. Boas estadísticas a pesar de contar con varios infortunios en forma de lesións de larga duración nalgún dos seus membros como Diego Mallo, Yago Couto ou Christian Ordóñez.



O Baio contou cun puñal en ataque e cunha sólida defensa

O dianteiro Martín Fuentes erixiuse como a principal arma ofensiva do conxunto de Zas, anotando a friorenta cifra de corenta e catro goles nos trinta e tres partidos que disputou. Un auténtico mestre do gol! A parcela defensiva do CD Baio merece tamén ser citada polo seu bo facer tras ser a segunda que menos tantos concedeu, trinta e catro. Un conxunto moi equilibrado e dominador nas distintas facetas do xogo que logrou un merecido ascenso tras ser o mellor equipo do seu grupo.

Foto portada: Jorge Parri



Os Vintage: CD Baio 2016/2017

Os Vintage: CD Baio 2016/2017