# Hashtag
Así está a Terceira RFEF a falta de dúas xornadas. FUTBOLINGALICIA

Dúas xornadas, unha praza de play-off e dous descensos a evitar: así está a Terceira RFEF

Dúas xornadas, dous descensos e unha praza de play-off de ascenso. Iso é o que lle queda á tempada 2024/2025 de Terceira RFEF. Os encontros da pasada fin de semana confirmaron o descenso a Preferente Futgal do Betanzos e tres clasificados para o play-off de ascenso a Segunda RFEF, por esta orde: o Estradense, a Sarriana e o Rácing Villalbés. Outros tres equipos loitarán pola 6ª posición, que tamén dá acceso: Arosa (53 pts), Alondras (50 pts) e Noia (49 pts), sendo este último o único que non depende de si mesmo para conseguilo.

O Arosa recuperou o ton nas últimas semanas e foi quen de facerse coa súa terceira vitoria consecutiva fronte ao Estradense (1-0) grazas a un gol nos intres finais de Samu Santos. Pola contra, o Alondras caeu na súa visita ó feudo do campión, a UD Ourense, (2-0), que recibiu o trofeo diante da súa afección. Os de Gonzalo Fernández deberán gañar os partidos que restan para desputar a fase de ascenso. Síguelles de preto o Noia, despois de conseguir unha vitoria de prestixio na Magdalena (0-1) diante do Villalbés, que encadenou a súa cuarta derrota.

A salvación

Na parte baixa da táboa, o Viveiro non puido certificar a permanencia no derbi lucense contra un Polvorín que xa non se xogaba nada e caeu derrotado na Cheda (1-0). Quen si o fixo, de maneira virtual, foi o Boiro grazas á súa vitoria fronte ao Barbadás na casa (2-1), deixando o descenso a cinco puntos de distancia. Pola súa parte, o Atlético Arteixo volveu gañar, seis xornadas despois, no derbi coruñes contra o Silva e saiu da zona de perigo.



O Villalonga tiña na súa man saír do descenso esta semana con dous partidos en San Pedro, un deles aprazado fronte ao colista Betanzos, pero desbotou a dobre oportunidade. No primeiro, diante do Somozas, caeu pola mínima (0-1) e no segundo, desputado no festivo 1 de maio, perdeu de maneira contundente (0-3). Os lilainos terán que gañar, cando menos, un dos dous partidos restantes e agardar resultados para salvar a categoría. O primeiro deles, este domingo no Municipal de Barreiro.

Os seus rivais máis directos visitan campos moi complicados: Valladares (Estradense), Arteixo (Alondras) e Barbadás (Villalbés). A continuación, todos os partidos da vindeira xornada:

A vindeira xornada na Terceira

Sábado 3 de maio:



  • 17:00 – Alondras vs Atlético Arteixo
  • 17:00 – Silva vs Arosa
  • 18:00 – Somozas vs Boiro
  • 19:00 – Estradense vs Valladares

Domingo 4 de maio:

  • 17:30 – Viveiro vs Betanzos
  • 18:00 – Gran Peña vs Villalonga
  • 18:00 – Noia vs Polvorín
  • 18:30 – Sarriana vs UD Ourense
  • 19:00 – Rácing Villalbés vs Barbadás

Dúas xornadas, unha praza de play-off e dous descensos a evitar: así está a Terceira RFEF

O Dépor B reafírmase como o mellor

Dúas xornadas, unha praza de play-off e dous descensos a evitar: así está a Terceira RFEF

Os Vintage: Máximo Oubiña Mariño

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *