# Hashtag

Comeza a loita polos últimos tres billetes para ascender a Preferente Futgal

Esta fin de semana comeza o play-off, a loita polos últimos tres billetes para ascender a Preferente Futgal. Doce equipos (dous por cada un dos seis grupos da Primeira Futgal) mídense nunha primeira eliminatoria a dobre volta, coa ida na casa do peor clasificado. Analizamos os diferentes duelos:

Dous equipos que o tiveron preto

O Club do Mar (G2) e o Victoria CF (G1) son dous equipos que durante semanas ocuparon a primeira posición dos seus grupos. Con todo, o último mes fíxoselles longo aos de Caión, que acabaron terceiros e sen coñecer a vitoria nas últimas cinco xornadas. Mentras, o Victoria chegaba á última xornada líder, pero saíulle todo mal: perderon e gañou o Maniños, que acabou ascendendo.

O triunfo sobre o Victoria permitiulle ao Olímpico (G1) certificar tamén praza de play-off. O Olímpico ocupou postos da zona media alta durante a tempada, pero nas xornadas decisivas deu un paso cara a adiante. Non perdeu nos últimos 11 partidos e accedeu a play-off a falta de dúas xornadas. Mediranse ao Carral (G2), que non se baixou dos postos de cabeza en toda a temporada.



O grupo 5, ante o 6

Había moitas expectativas postas no Alertanavia (G6), que viña de descender da Preferente. Os vigueses, cos 30 goles de David Somoza, permaneceron toda a liga na zona alta, pero atoparon no Tyde un rival imbatible. O Unión (G5), pola súa banda, competiu nun grupo que se resolveu a falta de moitas xornadas, co ascenso do Puebla.

Tamén buscan billetes a Preferente outros dous equipos que se afianzaron con contundencia nos postos de play-off nos seus respectivos grupos. O Gondomar (G6) acabou terceiro medirase a un Cordeiro (G5) que foi segundo.

Duelos entre Lugo e Ourense

Este play-off de ascenso a Preferente Futgal deixa ademais dous duelos entre as provincias de Lugo e Ourense. O Sporting Celanova (G4) marchou segundo boa parte da tempada, se ben acabou cedendo esa praza e mesmo arriscando as súas opcións de xogar a promoción, algo que finalmente lograron. Terán que medirse á Residencia (G3), que foi moi regular durante todo o curso grazas, en boa medida, aos máis de 20 goles de Jorge Pereira.



No grupo ourensán acabou segundo o Polígono (G4), que estivo 15 partidos sen perder na segunda metade da tempada, conseguindo a vitoria en case todos eses encontros. Os amarelos contaron co impulso dos 22 goles de Pato e os 14 de Juan, pichichi e terceiro máximo goleador do grupo. O Castro (G3) caera dende a Preferente esta tempada e asinou un bo curso, asentándose axiña nos postos de cabeza.

Tres billetes a Preferente en xogo

Destes seis partidos que se xogan esta fin de semana sairán tres novos emparellamentos, do seguinte xeito: Celanova ou Residencia medirase ao Gondomar ou o Cordeiro; o gañador do duelo Unión-Alertanavia xogará ante o que se impoña no Castro-Polígono; e o vencedor do Olímpico-Carral enfrontarase a Club do Mar ou Victoria.

Neses tres emparellamentos, tamén a dobre volta, sairán os tres equipos que a vindeira tempada acompañarán a Cultural Maniños, Dumbría, Burela, Antela, Puebla e Tyde na Preferente Futgal.



Comeza a loita polos últimos tres billetes para ascender a Preferente Futgal

Máxima igualdade e emoción para a volta:

Comeza a loita polos últimos tres billetes para ascender a Preferente Futgal

Nico Cuevas, Cultural Areas: «A final de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *