# Hashtag

Catro equipos xa teñen o pasaporte rumbo a Primeira

Aproveitamos este artigo para celebrar que xa levamos un ano enteiro facendo contido semanal sobre o fútbol feminino galego. Graciñas a todos/as os/as que nos ledes dende o outro lado da pantalla.

Queremos seguir dando visibilidade ás vosas historias, así que non deixedes de compartilas connosco.

— Carla Vizoso, FutbolinGalicia

A Segunda División Galega xa coñece os seus catro equipos que acadaron o ascenso directo á Primeira División Galega: Xallas, San Roque Casablanca, Pastoriza e Arenteiro. Catro equipos con estilos, contextos e traxectorias distintas e que hoxe analizaremos en FutbolinGalicia.





Xallas: un título construído na constancia

O equipo xalleiro asinou unha tempada case perfecta no Grupo 1, acadando o primeiro posto cun total de 25 vitorias nos 30 encontros disputados. Silva e Pastoriza foron os únicos equipos capaces de facer que o conxunto de Santa Comba non puntuase.

As xogadoras do Xallas celebrando o título. Cedida

Cando falamos coas súas capitás, o equipo estaba a un punto do Pastoriza na loita polo título e aseguraban que non era o obxectivo inicial. Co paso dos meses, as xogadoras de Eloy García impuxeron o seu fútbol e finalmente acadaron o título e o ascenso directo. Unha das xogadoras destacadas e máxima goleadora do equipo é Olalla Antelo, que puxo o broche de ouro á tempada cun hat-trick.

San Roque Casablanca: unha máquina imparable de facer goles

O Casablanca suma un éxito máis á súa colección. Futgal

No outro grupo, o Casablanca fixo gala do seu acerto de cara a portería cun total de 133 goles a favor, para así converterse en campioas. Un empate ante o Antas no derradeiro encontro fixo que sumaran un punto máis ca os seus perseguidores, Arenteiro e o propio Antas, que tamén certifica o ascenso como mellor terceiro.



O equipo vigués rompeu os esquemas da competición. Foron as novatas do curso, tras acadar o ascenso dende terceira, pero tal como chegaron xa están de camiño a primeira e co título debaixo do brazo. Non podemos deixar de nomear a Souto que volveu a furar tódalas redes cun total de 41 goles.

Pastoriza: unha aposta firme que dá os seus froitos

O Pastoriza foi o gran rival do Xallas na loita polo título. Durante moitas xornadas lideraron a clasificación e, aínda que finalmente remataron segundas, conseguiron o ascenso que levaban varias tempadas buscando. Se conseguir o ascenso fora pouco, tamén se fixeron co primeiro posto da táboa de goleadoras. A súa xogadora, Lucía Camisón fixo un total de 32 tantos que a colocan como máxima anotadora do grupo.

O Pastoriza posando coas camisetas do ascenso a Primeira. Facebook Pastoriza

A maiores destes éxitos, tamén foron capaces de eliminar ao Orzán, campión da Primeira Galega, nos cuartos de final da Copa da Coruña. Polo que, aínda poden acadar un título neste ano.



Arenteiro: un soño feito realidade a base de traballo

arenteiro
Festa rachada no Carballiño tras conseguir o ascenso. Facebook Arenteiro

Un dos clubs desta tempada é o Arenteiro que tras unha campaña extraordinaria logrou o ascenso como segundo clasificado. Conseguiron deixar atrás aos seus rivais directos Antas, Villalonga ‘B’ e Rosalía tras gañar o último encontro 0-2 fronte ao Valladares. O equipo do Carballiño sorprendeu pola súa mellora respecto ás pasadas campañas e demostraron o bo traballo que levan feito neste tempo.

O ano que vén será o equipo que represente á provincia de Ourense na Primeira Galega despois de moitos anos sen un club ourensán na categoría. Un gran crecemento do equipo dirixido por Alba Rodríguez que con tan só 3 anos de vida xa conseguiron chegar á máxima división autonómica.

Catro equipos xa teñen o pasaporte rumbo a Primeira

Brian Castro, CD Barco: «O traballo e

Catro equipos xa teñen o pasaporte rumbo a Primeira

Fin de semana de copas e de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *