A Terceira RFEF chega á súa recta final, ao último mes de competición, e faino nada máis nin nada menos que con tres partidos na Semana Santa. O primeiro deles xa deixou importantes resultados, comezando pola vitoria da UD Ourense diante dun dos seus rivais directos, o Estradense. Os de Borja Fernández contan os días para ser campións e conseguir o ascenso a Segunda RFEF, toda vez que distancian ao seu inmediato perseguidor, o Villalbés, en 8 puntos con tan só 15 en xogo. Este vindeiro xoves, unha das mellores procesións celebrarase no Couto, onde se verán as caras ambos conxuntos.
⚽️ A Sarriana racha a xeira negativa cun claro triunfo na Madalena
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 14, 2025
⚔️ @racingvillalbes 0-3 @SDSarriana
👉 Goles de Millán de penalti e dous de Arona Sané pic.twitter.com/QERO7EJsRA
Seguindo na parte alta da táboa, a Sarriana protagonizou unha das sorpresas da xornada, goleando ao Rácing Villalbés na Magdalena (0-3). Un dato: os chairegos non perdían na casa dende o 27 de outubro. A Sarriana faceu valer a súa principal arma: a efectividade en ataque, sendo con diferenza o equipo máis destacado da categoría neste aspecto (58 goles). Millán, de penalti, e Arona, dúas veces, fixeron os tantos do encontro.
O Silva recupera as sensacións e achégase á salvación
Hai cousas que nunca fallan e unha delas é, este ano, a aportación goleadora do pichichi e xogador revelación da tempada Rodri Parafita, quen protagonizou cun dobrete a remontada do Silva no derbi coruñés desputado en Betanzos. O descenso a Preferente dos locais, pese a non ser matemático, queda xa visto para sentenza.
O Somozas segue de doce: segunda vitoria consecutiva
Un dos resultados máis salientables foi o triunfo do Somozas na Lomba (1-2). Esta nova vitoria afasta aos somocenses dos postos de perigo, con catro equipos de por medio, e permítelles alcanzar a undécima posición, con 33 puntos. Pola súa banda, o Arosa estáncanse na sexta praza, cunha soa vitoria nos últimos oito encontros, complicando e moito as súas aspiracións de play-off.
O Viveiro sorprende ao Noia e o Villalonga gaña unha final
Inesperada quizais tamén foi a vitoria en Noia do Viveiro (2-3), que chegou a ir gañando 1-3. Os celestes manteñen a liña ascendente das últimas cinco xornadas e logran tres puntos de vital importancia. Finalmente, cabe destacar o triunfo do Villalonga en San Pedro, que se fixo cunha das ‘finais’ ante un rival da súa mesma liga como o Barbadás (1-0). Unha pena máxima convertida nos últimos minutos por Marcos decantou a balanza.

Resultados completos da xornada 30:
- Arosa 1 – 2 Somozas
- Valladares 0 – 0 Boiro
- Betanzos 1 – 2 Silva
- UD Ourense 3 – 1 Estradense
- Atlético Arteixo 1 – 1 Gran Peña
- Noia 2 – 3 Viveiro
- Rácing Villalbés 0 – 3 Sarriana
- Villalonga 1 – 0 Barbadás
- Polvorín 2 – 2 Alondras
O ‘Boxing Day’ galego celébrase esta Semana Santa con máis de 50 partidos - FutbolinGalicia
16th Abr 2025[…] Así están as cousas na Terceira RFEF antes […]