# Hashtag

Os Vintage: UD Folgueiro 2018/2019

En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2018/2019 da UD Folgueiro, que ascendeu a Primeira Galicia tras ser campión do grupo 6 da Segunda Galicia con 72 puntos, 100 goles a favor e 30 encaixados.

Os nomes propios do ascenso da UD Folgueiro

Cristian Fanego, Javi Martínez, Abel Arrizado, Fernando Rodríguez, Dani Galdo, Miguel Villar, Miguel Quintela, Marcos Polo, Pablo Baltar, Bruno Aguiar, Iago Yáñez, Joao da Costa, Mario Gómez, Óscar Pérez, Pedro Infante, Zeus Polo, Alejandro Martínez, Aurelio Veiga, Iago García, Marcos Calvo, Adrián Lombardía, Adrián Sánchez, Jonathan Fanego e Manu Piñeiro conformaban o cadro de xogadores que logrou o ascenso, liderados dende o banco por Jesús Ángel Fernández.

Aurelio Veiga anotou 32 goles na fase regular da Segunda Galicia 2018/2019, sendo o killer da UD Folgueiro e o máximo goleador do grupo 6 da citada categoría. Marcos Calvo, con 20, e Óscar Pérez, con 17, completaron o top-3 anotador do conxunto de Boa Vista.



Actualidade da UD Folgueiro

Casualmente neste curso futbolístico a UD Folgueiro acaba de ascender de novo á Primeira Futgal, tamén tras ser campión do seu grupo de Segunda Futgal. A falta dunha xornada para a finalización da fase regular, o conxunto dirixido por Manuel Vicente López xa ten asegurada a primeira praza da clasificación tras vencer a xornada pasada por 4-1 á UD Pastoricence. Os goles de Álvaro Otero (dobrete), Ángel Basanta e Óscar Pérez devolven á UD Folgueiro á categoría a que tamén ascenderon na tempada da que falamos neste artigo.

Foto portada: Instagram UD Folgueiro



Os Vintage: UD Folgueiro 2018/2019

Os Diferenciais xa están coa calculadora na

Os Vintage: UD Folgueiro 2018/2019

Os Vintage: UD Folgueiro 2018/2019