# Hashtag

Os Vintage: SDC Residencia 2016/2017

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é a SDC Residencia da tempada 2016/2017, que logrou o ascenso a Preferente.

Os nomes do ascenso

Os gardametas Diego Bravos, Ilian Ares e Yelko Zarza; os defensas Adrián Vázquez, Borja Álvarez, Óscar Brokenbrown, Fernando Blanco, Rubén Otero, Pablo Zapico, Robson Dias, Carlos Fernández, Sergio Rodríguez, José Antonio Golás e José Martín Longarela; os centrocampistas Arturo García, Borja Rasilla, Dani Reinaldo Fernández, Diego López, Lucas Morandeira, Javi Raposo, Carlos Raposo, Luis Roberto Gómez, Diego Corredoira e Adrián Vizoso; e os dianteiros Adrián Román, Javi Coedo, Mauro Busi e Roberto Besteiro contaron con minutos no grupo 3 da Primeira Galicia durante a tempada 2016/2017. Álvaro Meilán Rebolo foi o adestrador que levou ao equipo da Cheda ao salto de categoría, sendo un campión sólido e destacado.

A Residencia conquistou o título obtendo 81 puntos tras 25 vitorias, 3 empates e 5 derrotas durante os meses de setembro e maio. Foi o equipo máis goleador do seu grupo, perforando a rede da portaría rival en 78 ocasións. Concedeu 24 goles, sendo o segundo mellor conxunto, soamente superado polo Outeiro (22), a nivel defensivo. Diego Corredoira, con 13 dianas, erixiuse como máximo goleador dos branquiazuis, seguido de Diego López, con 11, e Mauro Busi, con 9.



O día do ascenso

A Residencia logrou o ascenso na xornada vinte e oito, a falta de seis para a finalización da competición. O conxunto branquiazul, que ese día vestiu de vermello e negro, venceu na Medela ao Taboada por 0-2 grazas aos tantos de Roberto Besteiro e Diego López. O once titular da tarde dese 25 de marzo preside esta peza. Co mencionado triunfo a Residencia avantaxaba en 19 puntos ao Monterroso, por aquel entón terceiro clasificado, a falta de dezaoito por disputarse. Co pitido final de Borja Quiroga, árbitro do encontro, chegou a celebración de xogadores, corpo técnico e afección. Unha nova páxina, de éxito e para o recordo, na historia dun club humilde, de barrio, acababa de ser escrita!

Foto portada: Instagram Taboada CF



Os Vintage: SDC Residencia 2016/2017

Os Vintage: SDC Residencia 2016/2017