# Hashtag
Partido de volta da semifinal autonómica polo ascenso a Segunda RFEF entre Sarriana e Villalbés. TVG

Xa hai final autonómica da fase de ascenso a Segunda RFEF

O Estradense e a Sarriana enfrontaranse na final autonómica da fase de ascenso a Segunda RFEF. Non houbo sorpresa e os que chegaban como mellor clasificados ao termo da liga regular superaron aos seus respectivos rivais nuns cruces marcados pola igualdade.

O conxunto da Estrada selou a súa clasificación tras impoñerse por 2-0 ao Noia no encontro de volta, disputado no Novo Municipal. Os locais fixeron valer o factor campo para deixar fora á conxunto revelación da tempada, que plantara cara na ida (1-1) e chegaba con esperanzas a este segundo asalto. Valentín Jaichenko e Gamarra (14 tantos esta tempada) fixeron os dous goles.

Pola súa banda, a Sarriana, clasificouse pese a perder na Ribela fronte ao Rácing Villalbés (0-1). O tanto de Cañi para o conxunto chairego obrigou a que a eliminatoria se resolvese na prórroga. No tempo extra, houbo grandes ocasións para os dous equipos, pero mantívose o empate global (1-1). Unha das máis claras chegou nos intres finais, cunha espectacular volea dende fóra da área do porteiro visitante Santomé que detivo o seu homólogo Javi Liz.



A mellor clasificación ligueira da Sarriana permitiulle avanzar de fase. O Villalbés, tras unha campaña moi irregular na que foi de máis a menos, pecha a súa participación no play-off deixando algunhas dúbidas para o futuro inmediato.

A penúltima eliminatoria para ascender a Segunda RFEF

A final entre Sarriana e Estradense disputarase tamén a dobre partido. O encontro de ida terá lugar o vindeiro domingo 1 de xuño ás 18:00 horas na Ribela, mentres que a volta xogarase unha semana despois no Novo Municipal da Estrada. En caso de empate tras a prórroga no partido de volta, o Estradense accedería á seguinte fase grazas á súa mellor posición na táboa clasificatoria.

O vencedor desta eliminatoria galega terá que superar a continuación un último chanzo para acadar o ascenso. Desta vez, fronte a un rival doutra comunidade autónoma elixido por sorteo.



Xa hai final autonómica da fase de ascenso a Segunda RFEF

O terceiro tempo. Episodio 34

Xa hai final autonómica da fase de ascenso a Segunda RFEF

Así se salvaron o Choco e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *