Os últimos movementos do mes de xuño
O mes de xuño remata e algúns equipos xa rozan a vintena de futbolistas confirmados para a vindeira campaña. Os plantéis máis avanzados son, polo de agora, os do Estradense, o Atlético Montañeros e o Silva, que xa contan con 18 xogadores confirmados.
Siguen chegando efectivos á Estrada
O equipo de Manuti continúa perfilando o seu plantel e sumou sete novos movementos esta semana. O conxunto vermello confirmou as renovacións de Miguel Fernández e Sergio Prieto.
Para reforzar a portería, tras as saídas de Ale e Isra, incorpora a Manu Figueroa, procedente do Arosa, que acompañará a Pablo Brea, xa renovado. Tamén chegan o dianteiro Raúl Diz, ‘Rachu’, desde o Noia, e o centrocampista Mario Prado, procedente do xuvenil do Celta.
No capítulo de baixas, Hugo Padín pon fin á súa etapa no Estradense.
O Montañeros anunciou que Sito Pais tras unha campaña complicada o futbolista. Unha lesión impediulle poder xogar esta campaña.
Fer Gordo, décima fichaxe do Silva
O Silva continúa reforzando o seu plantel e xa é o equipo con máis incorporacións neste mercado, con dez fichaxes. A última delas é a de Fer Gordo. O defensa chega procedente do Atlético Arteixo e, tras unha lesión de longa duración, buscará recuperar as mellores sensacións no conxunto coruñés.

Ademais, Hugo Baldomar e Parafita renovaron os seus compromisos co club e continuarán unha temporada máis. No corpo técnico tamén hai novidades coa incorporación de Óscar Ares como novo preparador físico.
Reforzos para a dianteira
O Racing Villalbés realizou cambios na parcela ofensiva durante esta última semana. O conxunto chairego anunciou as despedidas de Anthony e Javi Rey e reforzou o ataque coas incorporacións de Adri Castro, procedente do Boiro tras o seu regreso de Austria, onde xogou nos últimos anos, e de Javi Muíño, que chega desde o Noia.
Tamén se reforza na dianteira o Boiro coa chegada de Óscar González, que militou a pasada temporada na Sociedad Deportiva Almazán, do grupo 8 da Terceira RFEF. Ademais, o club boirense confirmou a renovación de Yosi.

Adri Rodríguez cambia o Céltiga pola Sarriana e convértese na terceira fichaxe do conxunto sarrián no seu regreso á Terceira RFEF. Pola súa banda, o central Maxi Levrand despediuse do club a través das súas redes sociais tras tres temporadas defendendo a súa camiseta.
No Lalín tamén hai unha baixa na defensa. Brais Prieto, con pasado na Sarriana, non continuará ás ordes de Iván Carril a próxima campaña.
O Viveiro lánzase ao mercado
Marcos Pereiro toma as rendas do equipo e comeza a perfilar o seu proxecto para a vindeira temporada. O novo técnico, que a pasada campaña exerceu como segundo adestrador, contará coa continuidade de Rolle, Arturo, Sergio Cora e Carlos Teixeira, ademais do regreso de Juan López tras unha longa lesión.
No capítulo de fichaxes, o Viveiro incorpora a Huguito e Júnior, procedentes do Burela; a Xoel Eijo, Hugo Pérez e Bruno Graña, do Xove Lago; así como a Claudio Vigo, que a pasada campaña militou no Imperátor, e a Elías, procedente do As Pontes.

En canto ás baixas, non continuarán Diogo, Colucci, Manu Martín, Käblik nin Álvaro Uriarte, que xa foi anunciado como novo xogador da Sarriana.
Apostas pola continuidade
O Céltiga continúa confeccionando o seu plantel a base de renovacións. Tras as confirmacións da semana pasada, tamén se coñece a continuidade de Manu Taboas na portería; Nicolás del Río, Santi Figueroa e Pablo Arnosi na defensa; David Giráldez no centro do campo; e Sobrido e Llanos na dianteira.
Tamén o Alondras confirmou a continuidade de Luismi Rincón. Pola contra, o Somozas comunicou que Iago Domínguez, Pablo Ramos e Álex Cabarcos non formarán parte do club a vindeira campaña.
Primeiros movementos en Ourense
O Barco realizou cinco movementos na última semana. O conxunto ourensán anunciou a chegada de tres novos futbolistas: o central Daniel Sánchez, procedente do Arosa; Raúl Arias, que chega desde terras leonesas para reforzar o ataque; e Jorge Benavides, do Barbadás. Ademais, confirmou as renovacións de Óscar Martín e Imanol.
O Antela tamén deu a coñecer os seus primeiros movementos de cara á súa estrea na Terceira Federación. Continuarán no club Pucho, Sabucedo e Charli, mentres que Brais Outeiriño causa baixa no equipo.





















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































