# Hashtag
#Fútbol Feminino #Primeira Galicia Feminina #Segunda Galicia Feminina #Segunda RFEF Feminina #Terceira Galicia Feminina

O fútbol feminino galego quenta motores para a próxima tempada

A tempada 2026/2027 está cada vez máis preto e os clubs galegos xa comezan a preparar un novo curso que estará marcado por cambios nas categorías e por unha nova reestruturación do fútbol feminino español no horizonte.

Aínda que a maioría dos equipos xa comezaron a traballar na planificación da nova tempada, non todos fan públicos os seus movementos. No fútbol afeccionado é habitual que moitas renovacións, fichaxes ou baixas non se anuncien a través das redes sociais. Nas vindeiras semanas, desde FutbolInGalicia, iremos repasando a situación de cada liga e as principais novidades de cara ao inicio das competicións.

A Segunda RFEF será a primeira categoría en botar a andar, co inicio previsto para o primeiro fin de semana de setembro.



Unha semana despois, a do 13 de setembro comezarán tamén a Terceira RFEF, a Primeira Galicia e a Segunda Galicia e o fin de semana do 26 a Terceira Galicia.

As Celtas, o equipo máis activo polo momento

As viguesas xa foron anunciando as primeiras novidades. Entre elas destacan as renovacións de María Figueroa, Estela, Muñi, Aitana, Sara Debén, Elena e Noela.

Ademais, incorporan a Albiol, que regresa á cidade tras o seu paso polo Sárdoma, onde deixou moi boas sensacións. A pasada campaña militou no Olímpico de León, equipo no que rematou como máxima goleadora.



O conxunto celeste comezará a pretempada a vindeira semana e xa ten confirmados tres encontros amigables: fronte ao Famalicão, o 1 de agosto; diante do Victoria, o día 8; e contra o SC Braga B, o 15.

Polo de agora, o Deportivo ABANCA B non anunciou ningunha novidade.



A Terceira RFEF amplía a competición

A principal novidade da Terceira RFEF é que a liga estará formada por catorce equipos, dous máis que na pasada campaña. Esta ampliación permitiu o ascenso do Rosalía, que fora eliminado na fase de ascenso polo San Pedro.

O conxunto ourensán figuraba como o equipo con mellor dereito deportivo para cubrir unha posible vacante e, tras a renuncia do Sárdoma CF a manter a súa praza na categoría.

Nesta competición tamén estará o Atlético Villalonga que xogará por primeira vez na Terceira RFEF, despois de militar en Primeira Nacional e, desde a reestruturación de 2022, na Segunda RFEF.

As categorías autonómicas tamén medran

Na Primeira Galicia tamén haberá novidades. Tras os seis ascensos desde a Segunda Galicia —Muxía, Tordoia e Milagrosa, polo Grupo 1, e Valladares, Arousana e Touro, polo Grupo 2— a categoría contará con máis equipos que na pasada campaña. Ademais, a praza que deixa libre a Rosalía tras o seu ascenso á Terceira RFEF.

O maior incremento producirase na Segunda Galicia, que pasará de 31 a 40 equipos, nove máis que na pasada campaña. Nela competirán os proxectos dos que fomos falando nas últimas semanas.



A maior incerteza continúa estando na Terceira Galicia. Debido á situación cambiante que segue a vivir o fútbol feminino, haberá que agardar para coñecer o número definitivo de equipos inscritos e se finalmente se incorporan novos proxectos, como o do Fisterra, que xa anunciou a recuperación do seu equipo feminino.

Nas próximas semanas tamén se coñecerá a composición definitiva das categorías autonómicas e os calendarios oficiais, que marcarán a conta atrás para o inicio dunha nova tempada no fútbol feminino galego.



O fútbol feminino galego quenta motores para a próxima tempada

Os Vintage: SD Bande 2016/2017

O fútbol feminino galego quenta motores para a próxima tempada

O fútbol feminino galego quenta motores para