# Hashtag
Os xogadores da Sarriana celebran o segundo tanto contra o Estradense. TVG

Camiño a Segunda RFEF: primeiro asalto para a Sarriana

A Sarriana adiantouse na última eliminatoria autonómica da fase de ascenso a Segunda RFEF. Os de José Antonio Rodríguez gañaron con contundencia na Ribela a un Estradense que non estivo cómodo en ningún momento do partido (2-0).

Un encontro dominado polos locais, que conseguiron adiantarse por medio dun gol de Arona Sané. O atacante estivo moi preciso nunha saída en falso do porteiro Isra fóra da área e fixo o primeiro cun gran disparo por encima dos defensas. Piay faría o segundo no tramo final do encontro nunha boa combinación.

En canto ás posibles baixas para o choque de volta, hai cando menos unha confirmada: a de Miguel, centrocampista do Estradense que acabou expulsado por dobre amonestación. Pola banda da Sarriana, Santi Gegunde (26′) e Arona (58′) marcharon lesionados, co que periga a súa presenza.



Data e horario do partido de volta

A eliminatoria decidirase o vindeiro sábado día 7 ás 19.00 horas nun ateigado Novo Municipal da Estrada, que será seguro un inferno coma aconteceu contra o Noia.

Imaxe de portada: TVG



Camiño a Segunda RFEF: primeiro asalto para a Sarriana

O terceiro tempo. Episodio 35

Camiño a Segunda RFEF: primeiro asalto para a Sarriana

Mapa: O 75% dos concellos galegos tiveron

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *