# Hashtag
corme

A Terceira Galega Feminia afronta unha derradeira xornada decisiva

A Terceira División Galega feminina afronta esta fin de semana a súa derradeira xornada da tempada. Esta categoría do fútbol feminino galego, comezou o ano de forma tardía e rematarán o seu traxecto na primeira fin de semana de xuño.

Os grupos chegan ao seu final cunha mestura de tensión, ilusión e moito en xogo. Mentres nalgúns xa hai campioas confirmadas, noutros a loita polo primeiro posto e polo ascenso decidirase no último partido.

Grupo 1: Unión Campestre ou Eirís, final aberto

O Grupo 1 é un dos máis axustados. O Unión Campestre chega líder con 72 puntos, dous por riba do Eirís, que non quere quedarse coa medalla de prata. As líderes xogarán contra o Curtis, mentres que o Eirís terá enfronte ao As Pontes. Se o Campestre gaña, será campión sen discusión. Pero un empate ou unha derrota abriría a porta ao Eirís, que conta con opcións reais de rematar primeiro se suma os tres puntos.



unión campestre
Emoción ata o derradeiro encontro no grupo 1. Facebook Unión Campestre

Grupo 2: o Corme, campión incontestable

No Grupo 2, non hai lugar para as contas. O Corme, con 71 puntos, certificou o título de maneira clara e contundente xa fai unhas xornadas. Con nove puntos de vantaxe sobre o Muxía, segundo clasificado, o conxunto da Costa da Morte asinou unha tempada brillante na que non cedeu nin unha soa derrota.

Grupo 3: Santiso, líder e o San Lázaro, ascenso asegurado

No Grupo 3, o Santiso chega á última xornada como líder con 69 puntos, mentres que o San Lázaro xa certificou matematicamente a segunda praza no campionato, o que lle asegura tamén o ascenso. A emoción mantense no aire pola loita polo título, pero ambos equipos teñen xa garantido o salto de categoría.

Grupo 4: o Céltiga, campión destacado

O Céltiga impúxose con autoridade no Grupo 4. Chega á última xornada con 70 puntos e unha vantaxe de 11 puntos sobre a Esteirana, polo que xa é campión matematicamente. A súa tempada foi sólida e regular, converténdose nun dos equipos máis fortes de toda a Terceira Galega. No seu primeiro ano de vida conseguiron escalar á categoría de prata do fútbol galego.



céltiga
O Céltiga xa ten no seu haber o título de liga de Terceira. Facebook Céltiga

Grupo 5: o Ponte Caldelas co ascenso baixo o brazo

No Grupo 5, o Ponte Caldelas chega á última xornada con 69 puntos e o ascenso directo xa asegurado. A pesar da presión constante do Cañiza e do Salcedo, que marchan segundos con 66 puntos, o equipo do Caldelas soubo manter a vantaxe e selar o seu obxectivo antes da derradeira xornada. A loita entre os seus perseguidores poderá decidir o subcampionato, pero o liderado xa ten nome propio.

A Terceira Galega Feminia afronta unha derradeira xornada decisiva

Manu Táboas, Céltiga FC: «Aínda non hai

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *