# Hashtag
#Terceira RFEF

O Arenteiro acelera a súa reconstrución

O CD Arenteiro continúa dando forma ao seu persoal para a tempada 2026/27 con dezaseis incorporacións e un novo corpo técnico. Todo iso, mentres a súa inscrición na 3ª RFEF segue pendente de resolverse tras o ultimato da RFEF por unha débeda económica.

O conxunto do Carballiño presenta un proxecto practicamente novo. Dezaseis incorporacións confirmadas, un novo corpo técnico encabezado por Marc Vidal e a intención de construír un equipo competitivo para afrontar con garantías o regreso á categoría.

Na portería, o Arenteiro contará con Esteban Ruíz, gardameta arxentino chamado a defender a meta verde nesta nova etapa.



Na defensa sobresae a chegada de Ángel Bastos, un futbolista con máis de 300 partidos nas categorías nacionais e experiencia en Segunda División. A el súmase o regreso do carballiñés Alejandro Ocampo «Oca», un defensa con ampla traxectoria no fútbol galego e coñecedor da categoría, ademais de David Nespereira para o lateral esquerdo, Adri Rodríguez e Samuel Santas como apostas de presente e futuro. Pola súa banda, Awuley Abdul e Abiodun «Obi» Durojaiye achegan versatilidade para actuar tanto na defensa como no centro do campo.

Na medular, Toño Nespereira está chamado a ser unha das referencias do equipo pola súa experiencia e capacidade para ordenar o xogo. Ao seu redor contará con xogadores como Biho Hwang, que achega verticalidade e desborde.

Onde máis movemento houbo foi na parcela ofensiva. Dani Real chega tras unha boa campaña co Córgomo Vilamartín, na que asinou 29 goles. João Gabriel Carvalho, ‘Gabi‘ reforza a dianteira despois de demostrar o seu olfacto goleador no fútbol galego. A eles únense o regreso de Manu Bardelás, a polivalencia de Edu Ferreira, o dinamismo de Wiliams Fode e o retorno de Martín Lamelas, un futbolista ben coñecido pola afección verde e protagonista do histórico ascenso á Primeira Federación.



A renovación tamén chega ao banco. Marc Vidal asumirá a dirección do Arenteiro, donde ya había jugado. Estará acompañado por Eliberto Vidal como segundo adestrador, Ramón Alonso como adestrador de porteiros e José Manuel Rodríguez «Josiño» como adestrador auxiliar.

Ademais das dezaseis incorporacións, o club tamén confirmou que os xuvenís Maikel Varela, Aleixo Iglesias, Iker Ordóñez, Sergio Sobrado, Dani Mosquera, Miguel Díaz, Matías Galindo e Diego Soto estarán en dinámica do primeiro equipo durante a tempada 2026/27. Unha aposta pola canteira coa que o Arenteiro pretende seguir dando oportunidades aos futbolistas formados na casa.

Co plantel aínda aberto a posibles movementos nas últimas semanas de mercado, o Arenteiro afronta unha nova etapa cunha profunda remodelación do persoal e o reto de construír un equipo competitivo que lle permita asentarse de novo.



O Arteixo tamén acelera a súa reconstrución

Outro dos equipos que está a vivir un verán de profunda renovación é o Atlético Arteixo . O conxunto do Ponte dos Brozos tivo que reconstruír boa parte do seu persoal e xa suma dez incorporacións para afrontar a próxima tempada.

Entre as últimas fichaxes figuran Xian Gesto, procedente da SD Compostela e formado na canteira do Deportivo. Ubeda, que chega desde o Noia CF tras pasar polas categorías inferiores do Deportivo, Celta e Arosa. Tamén Bruno Barbeito, incorporado desde o Meicende despois de completar a súa formación en clubs como o Deportivo, Victoria CF, Atlético Arteixo e Atlético Coruña Montañeros.

Máis movementos no mercado

O Gran Peña reforzou o lateral esquerdo coa chegada de Covelo, procedente do Céltiga. Destaca pola súa potencia física, o percorrido pola banda e a capacidade para manter un alto ritmo de xogo durante os noventa minutos.

Pola súa banda, o Boiro incorporou ao lateral esquerdo a Pablo Parada, que chega cedido polo Deportivo. Formado na canteira deportivista, destaca polo seu percorrido ofensivo e a súa capacidade para incorporarse ao ataque.

En dirección contraria, Dani Nieto deixa o conxunto barbanzán para incorporarse ao Pontevedra CF B. O central chega tras disputar dúas tempadas consecutivas na Terceira RFEF co Boiro, onde foi un dos futbolistas con maior continuidade na liña defensiva.



Pola súa banda, o Silva SD continúa apuntalando a súa retagarda coa fichaxe de Buyo, procedente do Racing Club Villalbés. Despois de novo tempadas no conxunto chairego, co que superou os 260 partidos oficiais, o defensa achegará experiencia, liderado e solidez ao equipo coruñés.

O Antela FC tamén dúas novas incorporacións. Bellido chega dende a División de Honra xuvenil, concretamente dende o Racing Zaragoza. O futbolista formouse no Teruel onde tivo a oportunidade de debutar en Segunda RFEF.



Tamén sumou ao lateral esquerdo portugués Bernardo, procedente do Gouveia e formado na canteira do GD Chaves. Ambos afrontaran en Xinzo a súa primeira experiencia como sénior.

Ademais, o club confirmou a continuidade do colombiano Negrete, que renovou o seu compromiso para seguir liderando o ataque branquinegro unha tempada máis.

Resultados da Copa Federación

O Arenteiro non puido disputar a súa eliminatoria da fase autonómica da Copa Federación debido á suspensión dos servizos federativos por parte da RFEF. Deste xeito, o Ourense CF accedeu directamente á seguinte rolda sen necesidade de disputar o encontro.

O Estradense tamén certificou o seu pase aos cuartos de final tras superar o CD Lalín pola mínima (1-0). Un gol de Rulo no minuto 75 decidiu o encontro a favor do conxunto da Estrada.

O Silva ganou ante o Arteixo con dous goles de David Rojo. O reto máis complicado tíñao o Montañeros, que se enfrontaba ao Bergantiños. Puxeron fin á súa andaina na competición tras caer por 1-3.

O Antela gañou 2-1 con goles de Carlos López e Carlos González ante o Gran Peña. Por parte dos de Vigo anotou Alejandro Bouzada.

O Arenteiro acelera a súa reconstrución

O Barbadás cambia de rumbo: 10 fichaxes

O Arenteiro acelera a súa reconstrución

O Arenteiro acelera a súa reconstrución