# Hashtag

Os Vintage: ACD Polígono San Ciprián 2018/2019

En FutbolinGalicia non nos esquecemos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais persoas relacionadas co noso fútbol que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é a ACD Polígono San Ciprián da campaña 2018/2019, que logrou o ascenso a Preferente tras rematar como segundo clasificado no grupo 4 da Primeira Galicia.

Os nomes do ascenso

Os gardametas Alberto Outeiriño e Gorka Pajares; os defensas Álvaro Cardero, Federico Amoroso, Pablo Gallego, Gonzalo Álvarez, Noé Martínez, Saúl Quintairos, Sergio Nogueiras, Borja Lorenzo e Antonio Rodríguez; os centrocampistas Alejandro Calviño, Ángel Pérez, Diego Fernández, Brais Iglesias, Ángel Paredes, Carlos Pérez, José González e Rubén Villamarín; e os dianteiros Benito Pérez, Borja Rodríguez, Gonzalo Grande, Guillermo Blanco, Jorge Alves, Oliver Pájaro e Martín Domínguez conformaban o cadro de xogadores do Polígono San Ciprián na citada tempada. Ata dezanove destes futbolistas conseguiron anotar durante a liga.

A ACD Polígono San Ciprián rematou a fase regular do grupo 4 da Primeira Galicia como subcampión grazas aos sesenta e sete puntos conseguidos nas trinta e catro xornadas de competición. Vinte vitorias, sete empates e sete derrotas compoñen a bagaxe dun equipo que rematou a liga sendo o terceiro máis anotador, con oitenta goles a favor, e o mellor en números defensivos, recibindo soamente trinta. As estadísticas demostran que o equipo estaba moi equilibrado en todas as súas liñas.



Máxima tensión ata o final

A penúltima xornada trouxo consigo os seguintes resultados na parte alta da táboa: o Atlético Arnoia, líder, caeu por 3-5 ante a SD Melias, o seu máis inmediato perseguidor; pola súa parte os nosos protagonistas, que eran terceiros, venceron por 1-4 no campo da Peroxa. Melias e Polígono San Ciprián chegaban a data definitiva empatados a puntos, estando por diante os primeiros.

A vitoria do conxunto da localidade de San Cibrao das Viñas por 5-1 ante o CD Allariz, unido ao empate sen goles do seu rival polo ascenso ante o Loñoa, posibilitou que as oito da tarde do 19 de maio de 2019 a afección, xogadores e corpo técnico da ACD Polígono de San Ciprián celebrasen o salto de categoría á por aquel entón a quinta división do noso fútbol.



Os Vintage: ACD Polígono San Ciprián 2018/2019

Que agardar do grupo 2 da Primeira

Os Vintage: ACD Polígono San Ciprián 2018/2019

Os Vintage: ACD Polígono San Ciprián 2018/2019