# Hashtag

A Preferente Norte recupera emoción na parte alta da táboa

Semella que, polo momento, non está todo o peixe vendido na Preferente Norte. Os dous picazos cos que comezou o ano o líder Montañeros devolven un chisco de emoción á parte alta da categoría, despois de que os coruñeses tomasen nas semanas previas unha enome diferenza sobre os seus perseguidores. A vantaxe da que gozan os de Jairo Arias é aínda importante, con cinco punto sobre o segundo, aínda que lonxe dos 11 que chegaron a dispoñer.

Tras unha espectacular xeira no inicio de liga, o Montañeros, claro candidato ao ascenso a Terceira RFEF, leva tres partidos sen gañar. Despediron 2024 cun empate sen goles ante o Cidade de Ribeira. No que vai deste ano, dúas derrotas. Perderon 3-0 co Negreira e 2-1 co San Tirso. Tras a suspensión do encontro da pasada semana, o equipo de Campo pensa xa no duelo desta fin de semana no Saviñao, onde visitarán a un Escairón en descenso co obxectivo de recuperar o sorriso.

O Sigüeiro aperta na parte alta

Detrás do Montañeros (41 puntos) vén con forza o Sigüeiro (na imaxe sobre estas liñas), que suma xa 37 puntos. Os de Vecho xa foron o ano pasado un dos equipos revelación, polo que non colle a ninguén por sorpresa que estean na parte alta. Levan sen peder dende comezos de novembro.



Tamén apertan forte outros equipos que están sorprendendo polo seu bo rendemento este curso, como o Miño (35 puntos) e o Negreira (34). Nese non falta o San Tirso (33), que se vai achegando á cabeza tras un inicio discreto en liga pero marcado pola participación en Copa do Rei. O Sofán vai sétimo, con 32 puntos.

Varios cambios de adestrador

Un dos equipos dos que se agardaba máis é o Lalín, oitavo clasificado e a 13 puntos do líder. O conxunto do Deza mudou en Nadal de adestrador e Willy Alonso tomou o relevo de Toño González. Para intentar mellorar os números de cara á segunda volta, o equipo de Manuel Anxo Cortizo incorpora a Manu Vilariño, procedente do Estradense, pero perdeu a Brais Pedreira, novo xogador do Racing Villalbés.

Pola provincia de Lugo, houbo tamén varios cambios de adestrador. Roberto Fernández non segue á fronte do Pol, agora ás ordes de Manuel García. Edu Rodríguez regresou ao banco do Lemos, tras o cambio de directiva e a destitución de Juanlu Bernal. Pola súa banda, tras a saída de Iván González, o Atlético Escairón confía a loita pola permanencia a Brais Prados, artífice do ascenso da Sarriana a Terceira RFEF.



A xornada chega con estes partidos

Os equipos de arriba deixan estes partidos na fin de semana: Escairón – Montañeros e Sigüeiro – Arzúa. Interesante será o duelo entre o Miño, terceiro, e o Sofán, sexto. O Negreira protagonizará ante o Lalín outro dos pratos fortes da fin de semana, mentres que o San Tirso recibirá ao Dubra. O Cidade de Ribeira medirase ao Ribadeo.

Outros partidos da xornada son o derbi da Ferrolterra entre dous equipos en descenso, O Val e Galicia de Mugardos; así como o Pol – Paiosaco e o Órdenes – Lemos.



A Preferente Norte recupera emoción na parte alta da táboa

O club das invictas: os 6 equipos

A Preferente Norte recupera emoción na parte alta da táboa

Os Vintage: Pablo Ferreiro Bermúdez

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *