# Hashtag
líderes_futbol_feminino_galicia

Os equipos que marcan o ritmo en Galicia

O primeiro trimestre da tempada está chegando á súa fin e xa podemos falar daqueles equipos que están liderando as distintas categorías do noso fútbol. Dende a Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP ata a Terceira División Galega, xa vemos equipos que están marcando o ritmo e consolidando a súa posición na táboa.

Nesta reportaxe, analizamos aos equipos líderes, o seus puntos fortes e as xogadoras chave que están impulsando o seu éxito.


Aproveitamos este espazo para animar aos clubs galegos a que nos falen dos seus obxectivos, das súas mellores xogadoras e que nos amosen os seus mellores goles. Podedes contactarnos a través das nosas redes sociais: Instagram , X (Twitter) e Facebook.



O Orzán quere volver a levantar o título de Primeira

Na Primeira Autonómica, o Orzán SD está, un ano máis, encabezando a táboa clasificatoria. O equipo coruñés conseguiu conformar de novo un equipo que combina xuventude e talento, asentándose como unha canteira inesgotable para o Dépor B. O seu estilo de xogo ofensivo é unha das chaves para manterse no máis alto da clasificación. A pasada tempada fixéronse co título e este ano non queren conformarse con menos.

  • Puntos fortes: O Orzán destaca polo seu xogo asociativo e a súa capacidade para manter o control do balón. Contan cunha das defensas menos goleadas da liga pero tamén cunha gran capacidade goleadora.
  • Xogadoras a seguir: Dos 38 goles a favor que leva o conxunto orzanista, 15 foron anotados por Daniela Macedo. A atacante de tan só 14 anos está sendo unha das pezas diferenciais do equipo. Tamén cabe destacar o nome de Claudia Sande, convocada recentemente coa Selección Española Sub-15.
Claudia foi convocada na última concentración onde disputou un partido fronte a selección alemá. Facebook Orzán

De seguido están As Celtas ‘B’, dous puntos máis abaixo cas de Coruña. A un punto de distancia das celtistas atópase o Boiro, acabadas de ascender e posicionándose como un dos equipos revelación nesta primeira parte da tempada.

Pastoriza e Casablanca líderes de Segunda dende o primeiro día

Ambos equipos tiveron un inicio soñando encadeando 4 partidos seguidos con vitoria. No Grupo 1, o Pastoriza está consolidándose como un dos equipos máis fortes da categoría.



  • Puntos fortes: Demostran ser un equipo competitivo e aínda non caeron derrotadas.
  • Xogadoras a seguir: O 30% dos goles realizados polo equipo de Arteixo levan o nome da viguesa Lucía Camisón. Fundamentais tamén os 6 tantos que leva Cristina Revuelta.

O filial do Orzán atópase segundo, o que semella que as amarelas seguirán contando cun relevo xeracional de nivel nos próximos anos. De preto, Carral e Tordoia buscan non descolgarse dos postos de arriba, así como o Xallas que conta cun partido menos.

No Grupo 2, o San Roque Casablanca afiánzase no liderado. Xa demostraron a súa contundencia en área rival o ano pasado e, esta tempada en Segunda, continúan amosando un gran acerto de cara a portería.

  • Puntos fortes: Son o equipo galego máis goleador con 57 tantos no que vai de tempada. Mantiveron a un gran número de xogadoras tras acadar o título ligueiro en Terceira o ano pasado e demostran ser un equipo consolidado.
  • Xogadoras a seguir: Souto é o referente goleador do equipo e suma 19 goles, seguido polas súas compañeiras Ainara e María del Carmen. Deste xeito, ocupan os 3 primeiros postos do ránking de goleadoras.

Tres puntos por debaixo está o Antas que busca chegar de novo a Primeira, e no top 3 métese o Rosalía, seguido moi de cerca polo filial do Villalonga e as súa veciñas do Arenteiro.



Os equipos emerxentes buscan consolidarse en Terceira

Na Terceira, dividida en 5 grupos, estamos vendo diferentes escenarios pero competicións moi igualadas. Equipos novos que queren facerse un oco na categoría e outro máis experimentados que loitan por recuperar o seu lugar en ligas superiores.

No primeiro grupo, o Curtis é quen manda na clasificación. Malia os poucos anos de vida da súa sección feminina está demostrando unha gran evolución. Próximo se atopa o Abellá que, tras o seu polémico descenso, queren recuperar no campo aquilo que lles quitaron.

líderes futfem
O Curtis crece ano a ano. Facebook Curtis

No grupo 2, o Corme conta con 3 puntos máis de vantaxe respecto aos seus competidores (Puenteceso, Camariñas e Mazaricos). As de Rubén Souto contan cun equipo moi completo que compite por acadar o título de terceira.

Empate a 18 puntos entre o Órdenes e o Santiso no grupo 3, dous equipos con traxectorias diferentes. O Órdenes está sendo unha das sorpresas tras rematar no posto 11 o ano pasado, mentres que o Santiso vén de descender de categoría e busca volver a Segunda.

líderes futfem
A Esteirana ao remate dun dos partidos deste ano.

No grupo 4 tamén comparten o liderado, neste caso entre o Céltiga e o Esteirana. Ambas seccións femininas son de recente creación e ambas suman 6 vitorias en 6 partidos. Unha estrea impecable para ambos clubs que xa se mediron ante algúns dos seus rivais directos. No caso da Esteirana conseguiron traer 3 puntos na súa visita a Cambados e o Céltiga sumou de tres ante o Chispa tras un 2-0.



No derradeiro grupo de Terceira, é o Mos quen leva a batuta. Atópase 3 puntos por enriba dos seus seguidores (Ponte Caldelas, Tomiño ‘B’ e Salcedo) e aínda non coñecen a derrota.

Os equipos que marcan o ritmo en Galicia

Jorge Aires, Verín CF: «Creo que as

Os equipos que marcan o ritmo en Galicia

Os equipos que marcan o ritmo en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *