# Hashtag

Os equipos galegos que seguen sen perder

O CD Lugo perdeu este venres por primeira vez esta tempada tras caer por 4-1 ante o Real Unión Club no Stadium Gal. Os de Borja Fernández deixan así de ser o principal referente galego entre os equipos que aínda non coñecían a derrota. Pero, ata Primeira Futgal, son varios os conxuntos que continúan invictos.

O máis destacado é o Bergantiños. O equipo dirixido por Simón Lamas comezou a temporada do mellor xeito e lidera o grupo 1 da Segunda RFEF. Os carballeses son líderes e non perderon ningún partido no que vai de temporada.

O Lemos e o Pol, na pelexa polos postos altos

Na Preferente, o Lemos é segundo con 17 puntos, só un menos que o líder, o Marín, ao que se enfrontará esta fin de semana no campo de San Pedro. Un duelo directo que pode ser clave na loita polo liderado. No Grupo Norte, o Pol ocupa a terceira posición, a tres puntos da cabeza, que comparten Negreira e San Tirso.



Quince equipos invictos en Primeira Futgal

Na Primeira Futgal, o Grupo 1 conta con tres representantes. O Victoria CF é líder, mentres que o Olímpico está empatado a puntos cos primeiros clasificados. O Torre tamén segue sen perder, aínda que os seus cinco empates e dúas vitorias lle impiden estar máis arriba.

No Grupo 2 non queda ningún equipo invicto, pero no Grupo 3 resisten o Outeiro de Rei e o Cire de Melide, que ten un partido menos e suma tres vitorias e tres empates.

O Grupo 4 ten no Corgomo o seu líder, co Celanova terceiro e o Rayo21 quinto. Este último está a protagonizar un gran inicio de liga tras o seu ascenso.



No Grupo 5, o Atlético Combarro é segundo, a un punto do líder. O recentemente ascendido suma cinco vitorias e dous empates, os mesmos números que presentan o Cidade de Ribeira e o Arcade, tamén invictos.

Por último, no Grupo 6 destaca especialmente o Choco, que gañou todos os partidos disputados ata o momento e é o único equipo da categoría que conseguiu un pleno de vitorias. O Progresista completa a relación de conxuntos que aínda non coñecen a derrota.



Os equipos galegos que seguen sen perder

Os equipos galegos que seguen sen perder