# Hashtag

Os Vintage: SDC Galicia Mugardos 2014/2015

En FutbolinGalicia non nos esquecemos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais persoas relacionadas co noso fútbol, que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é a SDC Galicia Mugardos da tempada 2014/2015, que logrou o ascenso dende Preferente á extinta Terceira División.

Os ´culpables´ do ascenso a Terceira División da SDC Galicia Mugardos

Os gardametas Iñaki Paz e Marcos Rodríguez; os defensas Adrián Martínez, Álex Amil, Jorge García, Jorge Pérez, Manuel Jesús Miguens, Santiago Rouco e Diego Seijido; os centrocampistas Álex Pérez, Alberto Docampo, Daniel Carballeira, Diego Martínez, Diego Serantes, Francisco Modesto Gordillo, Juan Martínez, Kevin Martínez e Quique Fernández; e os dianteiros Álex Díaz, Daniel Ramos, Jorge Mejuto, Pablo Manuel Rodríguez, Alejandro Permuy e José Luis Méndez tiveron minutos durante o transcurso do Grupo Norte da Preferente Autonómica 2014/2015. O conxunto dirixido polo técnico Antonio José López, que contaba coa axuda de Nicolás Fernández, acabou no segundo posto da táboa, logrando o salto de categoría ata a polo de entón quinto chanzo do fútbol estatal.

Os da Pedreira alcanzaron os setenta e dos puntos tras obter vinte e unha vitorias, nove empates e oito derrotas nas trinta e oito xornadas das que constaba a sempre competitiva Preferente Norte na citada campaña. Por diante dos nosos protagonistas unicamente acabou o destacado líder, o Negreira. Non podería haber un ascenso sen goles, e nesta faceta destacan Álex Díaz (19), Alejandro Permuy (10) e Daniel Ramos (9). Entre os tres mencionados futbolistas conseguiron máis da metade dos sesenta e catro goles anotados pola SDC Galicia de Mugardos, sexto equipo máis anotador do grupo. Na parcela defensiva foron o cuarto mellor conxunto, concedendo corenta e sete goles. Negreira, Noia e Agrupación Estudiantil son os únicos con mellor rexistro a nivel defensivo.



O día do ascenso

A falta dunha xornada o Galicia Mugardos lograba o ascenso tras impoñerse a domicilio no campo lucense da Cheda á Residencia (1-2). Álex Díaz inaugurou o marcador dende os once metros no minuto 23, acercando ao seu equipo ao máximo premio. Xusto antes do descanso, no minuto 44, o actual segundo adestrador do CD Lugo, Daniel Reinaldo Fernández Galán, devolvía a igualdade ao encontro. Xa preto do final da segunda metade, no 84´, Adrián Martínez anotou o gol máis importante da historia da SDC Galicia Mugardos, o tanto que lograba o único ascenso do club a Terceira División. Un momento para a historia dun club con moita tradición no fútbol galego. Case nada!

Actualidade da SDC Galicia Mugardos

A tempada pasada tempada trouxo consigo outro ascenso para os nosos protagonistas, esta vez a Preferente. Tras acabar en terceira posición o grupo 1 da Primeira Futgal, o Galicia Mugardos venceu nas semifinais do play-off ao Club do Mar (1-1 e 1-3) e na final ao Gondomar (1-0 e 1-4).

Na recente primeira xornada da actual tempada en xogo, a SDC Galicia Mugardos empatou na casa da SDC Órdenes (1-1). A vindeira fin de semana recibe na Pedreira a outro histórico do noso fútbol, o Burela. Será outra tempada chea de éxito? En maio, a resposta!



Os Vintage: SDC Galicia Mugardos 2014/2015

Volven os Diferenciais da Primeira Futgal! (P.

Os Vintage: SDC Galicia Mugardos 2014/2015

Os Vintage: SDC Galicia Mugardos 2014/2015