# Hashtag
Primeiros reforzos na Preferente para mudar os malos inicios

Primeiros reforzos na Preferente para mudar os malos inicios

A Preferente Futgal chega á quinta xornada e hai equipos nada satisfeitos co rendemento amosado ata o momento neste inicio de liga. Por iso, varios clubs anunciaron xa os primeiros reforzos para mudar o mal arranque de competición.

É o caso do Atlético Escairón, do grupo norte, que anuncia unha doble incorporación. Os do Saviñao ocupan postos de descenso, tras sumar só dous puntos en catro partidos. Esta fin de semana mídense ao Dubra de Bardanca, que só sabe gañar esta tempada.

Nese partido, que terá lugar o domingo ás 16:30 horas no Juan Baleato, Óscar Moure xa terá ás súas ordes as novas fichaxes. Un deles é o defensa Kevin Escobar, central nacido no ano 2.000 e que chega procedente do equipo ‘C’ do Raio Vallecano. Xunto a el súmase aos azuis o centrocampista Brais Meco, que semellaba que poría rumbo ao Chantada Atlético e finalmente recala no Municipal do Saviñao. Meco procede do CD Rúa e ten pasado no Lemos.



Outro equipo que non comezou como agardaba foi o Arzúa de Rati. Suman catro puntos en catro partidos, pero veñen de encaixar unha derrota contundente ante o Ordes (4-0). Nese encontro xa tivo minutos o central dezano Guille Ulloa, que regresou ao Queixo Mecánico sete anos despois, tras pasar polo Vilalonga e unha longa etapa no Lalín.

Primeiros reforzos no grupo sur

Tamén comezan os movementos no grupo sur da Preferente Futgal. O Juvenil de Ponteareas leva só dous puntos e semella que ten por diante unha tempada que será longa e complicada. Para remedialo antes de que sexa tarde, o club de Pardellas anuncia dous reforzos.

Por unha banda, chega o porteiro Martín Esperón para aportar seguridade baixo paus. Formado no Lérez, pasou polo Marcón Atlético e A Seca antes de recalar no cadro branco e vermello. A outra incorporación é a do defensa Nacho Italiani, futbolista intelixente e con boa saída de balón, indican dende o Juvenil. Formouse nas inferiores do Vila do Corpues e no Porriño e actúa como central.



Primeiros reforzos na Preferente para mudar os malos inicios
De esquerda a dereita, Kevin, Meco, Guille, Esperón e Italiani. Facebook

De volta ao grupo norte, outro equipo en problemas é o Pol, pechacancelas con só un punto acadado en catro xornadas. O equipo lugués non incorpora, polo momento, xogadores, pero si conta cun novo e polémico autobús para visitar os seus 17 rivais nas provincias de Lugo e A Coruña.

Primeiros reforzos na Preferente para mudar os malos inicios

Non é o mesmo un equipo dependente

Primeiros reforzos na Preferente para mudar os malos inicios

Jorge Queiruga, Noia: «Por facer un bo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *