# Hashtag

Copas máis baratas que a Champions, pero coa mesma emoción

Treito final da tempada e chegan as copas de afeccionados para que o fútbol non perda a emoción. Coa disputa destes títulos, algúns equipos teñen a oportunidade de completar unha gran tempada, como é o caso do Villalonga, o Valladarés ou o Verín, por citar algúns. Outros, como o Barco, ven nelas a posibilidade de darlle unha alegría á afección logo dun ano complicado. A vista está tamén posta na clasificación á Supercopa Galicia, que dará o billete á Copa do Rei.

O custo das entradas para presenciar estes vibrantes duelos nin se achega ao da recente final de Champions. Adoita estar nuns 10 euros, fronte aos entre 186 e 711 euros, que logo se multiplicaron na revenda, da citada competición internacional de clubes. Agora ben, a nivel comarcal e provincial, estas copas galegas non só lle compiten en emoción, senón que moitas veces a superan.

Proba diso volveu ser a Copa da Costa, que celebrou no campo da Arliña, en Muxía, a final da súa LIX edición. Preto de 2.000 seareiros do Porteño e o Dubría e do fútbol da Costa en xeral ateigaron as bancadas. Esta situación obrigou a despregar un importante dispositivo de tráfico ante a chegada de autobuses e centos de vehículos particulares, tal e como indicaron dende Protección Civil de Muxía.



No aspecto puramente deportivo, foi o Dumbría quen ergueu o título. Eles mesmos foron os que se adiantaron aos 12 minutos, con gol de Miller, pero empatou o Porteño no 25, cun tanto obra de Cristian. O marcador xa non volvería a moverse nin na prórroga e foi o acerto desde os 11 metros o que decantou a final. A tanda de penaltis rematou 4-5.

O vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, foi o encargado de entregarlle o trofeo de campión ao capitán do Dumbría, dando paso á merecida celebración ante unha afección entregada que vive a Copa da Costa dun xeito especial.


Así van o resto de Copas

O San Tirso proclamouse campión da Copa da Coruña. Os de Fabio completaron unha magnífica tempada facéndose con este título nun escenario sen igual. O partido chegou aos penaltis e o autor do gol decisivio foi Iago Meijide, con quen falamos hai só duas semanas en Futbolin Galicia.



A Copa Deputación de Pontevedra resolverase este domingo día 9, co encontro entre o Soutomaior e o Villalonga, que marca o dobrete como último obxectivo dunha tempada inesquecible. Pero antes, este mesmo sábado, coñeceremos o gañador da Copa Deputación de Ourense. O Verín CF, que acadou o ascenso a Preferente un ano despois de baixar, e o CD Barco, ao que non lle saíron as cousas, loitan polo trofeo no campo do Couto.

Partido emocionante o que nos deixará tamén a final da Copa Rías Baixas Vigo. O Valladares, tras unha tempada sensacional que ascenderon case por sorpresa a Terceira RFEF, mídese ao Cultural Areas na loita polo título. Tamén se xoga este sábado a Copa do Sar, cun duelo por todo o alto entre o Noia, que ascendeu, e o Sigüeiro, un equipo mozo que quere completar unha gran campaña.

Para a fin de semana do día 15 quedarán outras competicións. É o caso da Copa Ferrol, que enfrontará na final á SD O Val e a AD Miño. Esta fin de semana xóganse as semifinais da Copa Deputación de Lugo; buscan unha praza na final a SD Chantada, o Chantada Atlético, o Foz e o Atlético Escairón, que acaba de festexar o seu regreso a Preferente tras vencer, precisamente, á SD Chantada no play-off.



Copas máis baratas que a Champions, pero coa mesma emoción

Atlético Escairón, Cented e Beluso celebran o

Copas máis baratas que a Champions, pero coa mesma emoción

Jesús López, árbitro: «Tes que adaptarte moito

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *