# Hashtag

Ronald Lezcano, Portonovo SD: «Saber que vas xogar en Baltar é un luxo do que poucos poden presumir»

O Portonovo SD conseguiu o pasado domingo o seu primeiro triunfo da tempada ao facer os deberes no Baltasar Pujales ante un inofensivo Rápido de Bouzas. Foi un partido especial para Ronald Lezcano, que completou dúas etapas en Vigo e anotou dous goles na goleada arlequinada (0-6).

A pesar de ter só 29 anos, o defensor paraguaio é o xogador máis experimentado do conxunto dirixido por José Luis Salgueiro. Tras abandonar a Terceira RFEF despois de nove anos, o líder da defensa do Portonovo repasa moitos temas de interese en Futbolingalicia.

Futbolingalicia: O domingo vencestes con comodidade no Baltasar Pujales. Como valoras o encontro?



Ronald Lezcano: «Foi un partido moi completo por parte de todo o equipo. Soubemos aproveitar ben as nosas oportunidades de facer gol e soubemos sufrir nos momentos onde eles tiñan a posesión de balón para que non xerasen moitas ocasións».

FIG: Entendo que é un balón de osíxeno tras un comezo complicado con dúas derrotas, non?

RL: «Isto acaba de empezar e nos dous primeiros partidos demos a cara e merecemos algo máis. Pero si, os tres puntos nunca veñen mal».



FIG: Anotaches dous goles nese partido e xa igualas a túa máxima cifra de goles nunha tempada. Que significa isto para ti?

RL: «Estou moi contento a verdade, sobre todo por axudar ao equipo. Espero poder colaborar máis este ano desta maneira».

FIG: Como antigo xogador do Rápido de Bouzas, que opinas da actual situación do cadro vigués?



RL: «Sinceramente é unha pena todo o que está a pasar alí. Espero que se recuperen pronto e que volva ser o Rápido de Bouzas que coñeciamos todos».

FIG: Cal consideras o teu mellor ano en toda a túa carreira? Por que?

RL: «O meu primeiro ano en Terceira co Villalonga. Tras non empezar xogando, acabei xogándoo todo. Eramos un equipo acabado de ascender e tiñamos un grupo de rapaces e un corpo técnico fantástico».

equipos

FIG: Tras nove anos consecutivos xogando, polo menos, un partido en Terceira División, este ano decidiches asinar polo Portonovo de Preferente. Que che levou a asinar en Baltar?

RL: «As principais motivacións foron o proxecto que me presentou o adestrador e seguir compartindo coche con Diego Dadín e con Keko Ventín. Tras o ano en Bouzas, decidimos seguir un ano máis xuntos. Ademais, saber que vas xogar case todo as fins de semana en Baltar é un luxo do que poucos poden presumir».



FIG: Como estás a ver ao equipo nestes primeiros meses?

RL: «Ao principio vin ao equipo un pouco verde pero é normal porque houbo moitos cambios e chegaron moitos xogadores novos. Agora que empezou a liga vexo que lle podemos competir a calquera».

FIG: Es o máis veterano do persoal. Sentes responsabilidade por esta cuestión?

RL: «Responsabilidade tampouco, pero si que debería ser o que ten que manter a calma e poñer orde, aínda que ás veces non sexa así».

FIG: Que consellos achegas a un grupo formado por futbolistas tan novos?

RL: «É un tópico pero que gocen e que, sobre todo, aproveiten as oportunidades. Dígolles que tenten facelo o mellor posible, xa que se viu que nos últimos anos tamén chegan ao fútbol profesional xogadores que están nestas categorías. Facendo a cousas ben todo é posible».

FIG: Cales son os obxectivos grupais e individuais para este curso?

RL: «O obxectivo principal é a salvación. Unha vez que consigamos iso habería que ver na xornada na que estamos e que máis se podería facer. Individualmente quero axudar ao equipo en todo o posible».

Fotografía: @neereabeea_

Ronald Lezcano, Portonovo SD: «Saber que vas xogar en Baltar é un luxo do que poucos poden presumir»

Ivalotelli volve a Preferente cun Lalín que

Ronald Lezcano, Portonovo SD: «Saber que vas xogar en Baltar é un luxo do que poucos poden presumir»

Tres décadas de amor incondicional entre o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *