# Hashtag
Atlético Villalonga

Nova travesía en 2ª RFEF para o Atlético Villalonga

O Atlético Villalonga xa coñece a súa planificación de partidos para esta tempada 2024-2025. As celestes buscarán mellorar a xesta conseguida o ano pasado onde quedaron ás portas do playoff de ascenso.

As de Sanxenxo loitarán no grupo 1, ante 15 equipos máis e onde se posicionan como o único equipo galego da categoría. Esta Segunda RFEF contará con 30 xornadas que darán comezo a fin de semana do 8 de setembro e rematarán o 4 de maio de 2025.

Facemos unha pequena análise do que vai ser a nova travesía do Atlético Villalonga na 2ª RFEF e destacamos algúns dos encontros de maior interese.



Un debut en liga con sabor a reto

Para as de Edu González o seu arranque de liga será en San Pedro contra o filial do Athletic Club de Bilbao, un dos rivais máis esixentes do grupo. Dun xeito similar rematará a competición para o Villalonga que o fará tamén no seu campo contra outro filial vasco, neste caso o do Eibar.

O seu primeiro desprazamento será cara Asturias onde se medirán ante o Real Avilés, acabadas de chegar á categoría. A partires da 3ª xornada onde xogan de novo na casa ante o Huesca, o calendario non dará tregua ao Atlético Villalonga. Os seus seguintes desprazamentos xa será cara as comunidades de Madrid, La Rioja e Aragón.

A primeira volta do campionato rematará o 15 de decembro, e volverá a restablecerse o 12 de xaneiro de 2025, onde comezará a segunda volta. Neste novo arranque o equipo galego terá que medirse de novo ao Athletic Club B, pero esta vez en Lezama.



Copa da Raíña: un enfrontamento histórico ante o Dépor Abanca

Ademais do inicio ligueiro, o Atlético Villalonga tamén coñece ao que será o seu rival na primeira rolda da Copa da Raíña. Segundo o sorteo realizado na RFEF un derbi galego decidirá quen pasa na competición. A eliminatoria, a partido único, disputarase o mércores 11 de setembro ás 20h no campo do Novo San Pedro.

atlético villalonga depor abanca

Este partido entre o Atlético Villalonga e o Deportivo Abanca, que parte como favorito tras o seu ascenso a Liga F, ofrece aos equipos a oportunidade de calibrar os seus estados de forma nesta etapa temperá da tempada. Neste partido poderemos contemplar a gozar dos dous mellores equipos do fútbol galego na actualidade.

No equipo de Sanxenxo atópase a centrocampista Lía, que está cedida polo Deportivo Abanca e que aportará ás celestes un salto de calidade e experiencia tras o seu paso por 1ª RFEF. Lía é unha dos reforzos desta tempada onde tamén atopamos a outras xogadoras con experiencia na categoría como poden ser Helena Vives procedente do Huesca ou «Puyi» do Eibar.



Unha tempada para facer historia

O Atlético Villalonga afronta unha tempada chea de retos, tanto na 2ª RFEF como na Copa. Cun calendario esixente e a oportunidade de medirse a equipos de alto nivel, as galegas teñen a posibilidade de consolidarse na categoría e aspirar a cotas máis altas.

Baixo o novo paraugas do Pontevedra, o club ten unha flamante ocasión para ser un dos equipos protagonistas da competición e dar moitas alegrías aos seus afeccionados e aos seguidores do fútbol galego.

Nova travesía en 2ª RFEF para o Atlético Villalonga

Toño, Barbadás: «O obxectivo é sempre competir,

Nova travesía en 2ª RFEF para o Atlético Villalonga

Diario dun Mercado Preferente Sur. Episodio 7

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *