# Hashtag

Aarón Iglesias, Victoria CF: «Estamos no bo camiño e hai que seguir esforzándose cada semana»

O Victoria CF está a protagonizar un inicio de tempada espectacular no grupo 1 da Primeira Futgal. O conxunto coruñés lidera a clasificación con dez vitorias e dous empates nas doce primeiras xornadas e reforzou a súa candidatura ao ascenso cun triunfo por 4-2 ante o Marte, outro dos equipos da zona alta. Un dos grandes protagonistas deste arranque é Aarón Iglesias, que no último encontro asinou un hat-trick e xa suma 13 goles, unha cifra destacada no seu primeiro curso como sénior.

O atacante atribúe o bo momento do equipo ao traballo diario e á fortaleza dun vestiario no que destaca o ambiente e a unión dentro e fóra do campo. Despois de completar a pasada campaña en Liga Nacional, na que marcou 15 tantos e logrou o ascenso a División de Honra, decidiu continuar no Victoria a pesar de recibir algunha oferta. Agora ten claro o obxectivo: contribuír a que o club recupere a categoría perdida.

Futbolingalicia: O Victoria é líder do grupo 1 da Primeira Futgal con dez vitorias e dous empates. Como valoras este inicio de tempada?



Aarón Iglesias: «É un comezo moi bo e moi serio por parte de todo o equipo, pero hai que seguir traballando».

FIG: Na última xornada derrotastes o Marte, un dos equipos da parte alta da táboa, por 4-2. Como ves a loita polo ascenso?

AI: «Estamos no bo camiño e hai que seguir esforzándose cada semana para conseguir ese obxectivo».



FIG: Nese partido anotaches un hat-trick e xa sumas 13 goles en 12 partidos. Como te estás a sentir neste primeiro tramo de liga?

AI: «Estou nun momento moi bo, pero sen relaxarme e seguindo traballand».

FIG: Esperabas este rendemento no teu primeiro ano como sénior?



AI: «Estou mellor do que esperaba, pero a confianza en min mesmo e a do adestrador axúdanme todos os días a seguir mellorando».

FIG: Cales cres que están a ser as claves para render tan ben, tanto a nivel individual como colectivo?



AI: «A nivel individual, traballar, traballar e traballar todos os días, sen relaxarse. E, colectivamente, temos un grupo incrible, e iso estase vendo dentro e fóra do campo».

FIG: Notas no equipo a necesidade de recuperar a categoría e volver a Preferente?

AI: «Despois destas doce xornadas, sabemos o que queremos. Volver deixar o Victoria na categoría que merece sería dar un golpe enriba da mesa».

FIG: Recibiches algunha oferta no verán tras o teu gran ano en Liga Nacional, no que marcaches 15 goles? Se foi así, por que decides quedar no Victoria?

AI: «Algunha oferta recibín, pero o Victoria deume a confianza suficiente para seguir medrando e mellorando». 

FIG: Que significou para ti conseguir o ascenso a División de Honra?

AI: «Significou moito para min despois dunha tempada moi complicada a nivel persoal, pero estou moi contento de conseguir ese ascenso tan esperado».

FIG: Que obxectivos te marcas no mundo do fútbol a curto e longo prazo?

AI: «A curto prazo, ascender co Victoria á categoría que merece e, a longo prazo, seguir medrando e mellorando. Todo o que veña será bo para min».

FIG: Como recordas a túa etapa no Atlético Coruña Montañeros?

AI: «En xeral, foi moi boa, pero a última tempada foi un xerro de auga fría ata o momento de rematar esta etapa»

Fotografía: RNX

Aarón Iglesias, Victoria CF: «Estamos no bo camiño e hai que seguir esforzándose cada semana»

Os Vintage: Zacande FC 2016/2017

Aarón Iglesias, Victoria CF: «Estamos no bo camiño e hai que seguir esforzándose cada semana»

Aarón Iglesias, Victoria CF: «Estamos no bo