# Hashtag
futfem galicia

Os equipos galegos femininos volven á competición

Esta pasada fin de semana os equipos galegos voltaron ás competicións tras o parón de Nadal. Coa costa de xaneiro por diante, as futbolistas afrontan o comezo da segunda volta ligueira. Analizamos como foi este regreso ao terreos de xogo para os clubs dende Segunda Federación ata a Terceira Autonómica.

O Atlético Villalonga intenta manter a loita na Segunda Federación

comunicado villalonga
Comunicado da dimisión de Edu González. Redes Sociais Atl. Villalonga

O equipo de Sanxenxo voltou á competición pero sen premio. O Villalonga caeu derrotado na casa do líder, o Athletic Club ‘B’, por 3 goles a 0. Actualmente na novena posición, o equipo ten que volver a puntuar, e con máis razón, no seu seguinte encontro ante o Real Avilés, coas que se atopan empatadas a puntos.

A este pouco agraciado comezo de ano súmaselle a dimisión de Edu González como adestrador do equipo. A través das redes do club informaron de que a decisión se debe por «motivos persoais«. Edu foi quen colleu os mandos do equipo tras a marcha de Cris Oreiro.



De momento o club non informou da existencia dun novo adestrador/a. Despois do encontro desta fin de semana o equipo terá un parón competitivo ata febreiro no que poderá buscar candidatos ao posto.

Os equipos galegos na Terceira Federación

  • Deportivo ‘B’ (40 puntos): Comezan o 2025 como líderes da clasificación e un punto por enriba do Olímpico de León. Son unha das claras favoritas a optar polo ascenso directo e continúan na súa boa xeira sumando 5 vitorias consecutivas.
  • As Celtas (38 puntos): Terceiras na liga, as viguesas están mostrando a súa mellor versión e encadean tamén 5 partidos con vitoria. Iniciaron o ano sumando 3 puntos na casa do Victoria CF cunha gran segunda metade e pechando o partido cun 1-2.
  • Sárdoma CF (38 puntos): Empatadas a puntos co equipo celeste, apenas coñecen o que é non puntuar. Cun equipo moi traballado e cunha Andrea Albiol liderando a táboa de goleadoras, o Sárdoma aspira a volver á Segunda Federación. Coñecen o camiño e esta fin de semana conseguiron os tres puntos ante o Bovedana.
depor b
O filial deportivista é líder da Terceira Federación. Web Dépor Abanca
  • PM Friol (32 puntos): As lucenses lograron sumar unha nova vitoria ante o Gijón B por 4-1. Abriron a lata cun gol de penalti e non deixaron de xerar ocasións. O Friol está en sexta posición con 32 puntos e intentando non descolgarse da loita polos postos de playoff.
  • Lóstrego CF (26 puntos): O equipo de Gondomar está conseguindo a súa mellor xeira de vitorias tras sumar unha terceira consecutiva ante o Romanón. Non están realizando a súa mellor tempada pero, así e todo sitúanse na oitava posición da táboa.
  • Victoria CF (24 puntos): As cebras de Coruña levan 4 puntos dos últimos 15 que houbo en xogo. Nesta xornada número 17 intentarán volver a puntuar loitando como visitantes ante o Villa de Simancas.
  • Victoria FC (20 puntos): O equipo picheleiro comezou o ano sumando tres puntos na casa do Parquesol. Tras unha xeira de 3 derrotas consecutivas, conseguiron romper a mala dinámica e iniciar a segunda volta con bo pé.
  • CD Lugo (9 puntos): As albivermellas caeron derrotadas ante o Oviedo no primeiro partido do ano. Malia comezar a segunda parte gañando, as sachadoras encaixaron dous goles seguidos que lles pasaron factura. Dos 5 últimos partidos tan só conseguiron sacar un punto ante o Victoria de Coruña.
  • Bergantiños CF (9 puntos): Na zona baixa a loita é cada vez máis intensa. O Bergantiños tampouco conseguiu puntuar neste inicio de ano, pero deixa boas sensacións tras perder só por 1 gol a 0 ante as segundas da táboa. Dos 9 puntos que teñen no seu haber, 6 puntos foron acadados nos últimos 4 encontros.

Movementos nas clasificacións galegas

Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP

Este 2025 tróuxonos un cambio de liderado na Primeira Galega. As Celtas ‘B’ é o novo equipo que encabeza a clasificación tras a derrota do Orzán ante o Boiro por un 2-4. Acúrtanse as distancias na zona alta da táboa e vemos ás líderes con 39 puntos, ao Orzán con 38 e ao Boiro tamén con 38.



Na zona baixa, as derrotas de Amistade Meirás, Umia e Atlético Arousana fan que os tres conxuntos sigan unha semana máis en postos de descenso.

O filial celtista comeza o 2025 como líder de Primeira Autonómica. Instagram As Celtas

Segunda División Galega

No Grupo 1 o Pastoriza continúa líder con 39 puntos tras gañar na casa do Silva por 5 goles a 1. O Xallas sígueo de preto cun punto menos, e algo máis afastado o Tordoia, con 32 puntos, intenta non descolgarse da loita polo ascenso. Empatado a puntos co Tordoia atópase o filial do Orzán.



No Grupo 2 a derrota do Casablanca ante o Antas fixo mover a parte alta da clasificación. Agora, o equipo de Antas de Ulla é primeiro con 35 puntos e seguido polo Rosalía e o Valladares con 33 puntos. O San Roque Casablanca cae ata a cuarta posición e empata a 32 puntos co Atlético Villalonga ‘B’ e o Arenteiro.

Terceira División Galega

  • Grupo 1: Eirís lidera a táboa, co Victoria CF ‘C’ e o Abellá seguíndoas de moi preto.
  • Grupo 2: O Corme pon terra de por medio cos seus rivais e saca 5 puntos ao seu perseguidor, o Mazaricos.
  • Grupo 3: Mesmo caso para o Santiso que consegue distanciarse por 5 puntos do Nicrariense.
  • Grupo 4: Empate a 30 puntos no liderado entre a Esteirana e o Céltiga e sacando 8 puntos ao terceiro clasificado, o Juventud Cambados.
  • Grupo 5: O Mos encabeza a clasificación, pero a diferenza cos seus rivais é de 3 puntos, o que promete unha segunda volta interesante. Ponte Caldelas e Salcedo intentarán non descolgarse da loita.

Os equipos galegos femininos volven á competición

Só 7 equipos galegos aínda non coñecen

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *