# Hashtag

En marcha o proxecto para converter Pol no Pinatar Arena galego

Pol e o seu club, que acaba de ascender a Preferente, levan anos dando que falar. Pero neste concello lugués estase a xestar un proxecto futbolístico que vai moito máis alá. Denominado Pol Football Center e baixo a xestión da firma CPS Consulting Sport, pretende converter o complexo deportivo da localidade en todo un Pinatar Arena galego. O obxectivo é que poida acoller pretempadas de clubs nacionais e internacionais.

O da SP Pol será, pois, un proxecto “totalmente distinto ao dun equipo de Preferente”, apunta o propietario de CPS, o consultor deportivo César Porto, que se dedica ao sector do fútbol dende hai 14 anos. As instalacións das que dispón o municipio de Pol, explica, “primarán por riba de todo á hora de traer xente de fóra e ‘stages’ de pretempada a nivel nacional e internacional”. Na actualidade é o Club Deportivo Lugo o que está a aproveitar este recinto deportivo para prepararse.

A iniciativa arranca “con moita ilusión” e con interesantes plans de futuro. Porto explica que nas últimas semanas trasladaron un orzamento para que en 2025 cheguen a Pol xogadores dun país asiático nun proxecto de dous ou tres meses que combinará fútbol e idioma.



Unha academia de fútbol

O proxecto inclúe a creación dunha academia de fútbol, bautizada como Pol Soccer Academy, que disporá doutra instalación na cidade de Lugo. Competirá con equipos dende a categoría benxamín ata a infantil, pois Porto entende que é “inviable” albergar un cadete, idade na que xa hai División de Honra e a esixencia é maior. Polo tanto, os rapaces que saian poderán seguir noutros clubs da contorna ou mesmo no sénior do Pol, en caso de destacar moito.

As categorías inferiores van empezar pouco a pouco. Faremos xornadas de portas abertas para captar xogadores e cada semana será un proceso formativo. A partir de aí, temos unha media de idade que co tempo iremos baixando”, avanza César Porto.

O Lugo realiza a súa pretempada en Pol. CD Lugo
O Lugo realiza este verán a súa pretempada en Pol. CD Lugo

Esta primeira tempada tómana “como o ano cero, no que queremos instalar unhas bases sólidas e para iso temos que restruturar todo, dun equipo de Primeira Galicia, agora Preferente, a unha academia de fútbol



A SD Pol integrarase nesta estrutura

A SD Pol, que esta tempada competirá na Preferente Futgal, manterá a súa identidade, pero quedará integrada nesta nova estrutura. O equipo comezará a pretempada entre o 6 e o 8 de agosto ás ordes do chantadino Roberto Fernández. Exporteiro do Granada ou o Lugo, entre outros moitos, foi o escollido para dirixir o equipo na súa estrea na Preferente. O director da academia, Óscar Seijas, acompañarao no staff técnico.

Con respecto á pasada tempada, a SD Pol presenta numerosas baixas, sendo a máis chamativa a do dianteiro asturiano Gerardo Carrera, autor de 19 goles a pasada tempada. Tampouco seguirán Esperón, Nadir, Rubén Iglesias, Xoel López, Garaloces, Poratti, Hamza, Iván González e Salvati.

No apartado de altas figuran nomes como o de Mauro Busi, David López, Iago Buján ou o porteiro Marcos Rodríguez, que vén de rematar a súa etapa xuvenil no Racing Club Ferrol, tras formarse na base do CD Lugo. Ademais, seguen Manu Cedrón, Adri Rivas, Agus, Álex Pérez, Julio Camba, Samu Quintela, Marquitos, Roi Campos e Omar.



Sen demasiados cambios

César Porto non se amosa partidario “de cambiar moito”. Iso si, asegura que lle darán “o noso toque” á SD Pol e que vai haber “unha apertura moi grande á mocidade, de forma paulatina”. Agarda ademais que xogadores algo máis veteranos, como Manu Cedrón, Marquitos ou Álvaro, “cos que traballei cando iniciaban, poidan achegar moito á cohesión do grupo”.

O responsable deste Pol Football Center non cre que a SD Pol vaia sorprender con grandes fichaxes antes do inicio da liga. Así o fixera en tempadas pasadas, cando asinara xogadores de superior categoría. Como moito, poden chegar futbolistas que veñan de lesión e aos que poidan preparar un plan de readaptación. Ou quizais xogadores sen equipo que, aínda que a Preferente non sexa a súa categoría, se sintan “cómodos” e queiran participar no equipo.

A filosofía é que estamos en Preferente e non imos vender motos de que de aquí van saír xogadores ao fútbol profesional, pero si dar un saltiño. Rapaces do 2002 ou 2003 poden chegar a un filial ou a Terceira RFEF”, explica César Porto. Pretenden traballar do xeito máis próximo posible ao fútbol profesional, aplicando ademais un software propiedade da súa empresa.

Seguen os investimentos

Este mesmo venres, a Deputación de Lugo anunciou un investimento de 230.000 en Pol para completar as instalacións de Mosteiro. Esta partida permitirá levar a cabo diferentes actuacións para completar “unhas instalacións deportivas de primeiro nivel”, aseguran dende a institución provincial.

Este diñeiro irá destinado á instalación de peches no polideportivo e á mellora da drenaxe perimetral na pista e das bancadas do campo de fútbol. Tamén permitirá ampliar o equipamento deste recinto, pintar e revestir e colocar un sistema de climatización.



En marcha o proxecto para converter Pol no Pinatar Arena galego

Unha nova reestruturación para o fútbol feminino

En marcha o proxecto para converter Pol no Pinatar Arena galego

Borja Fernández, UD Ourense: «Sorprendeume o nivel

2 Comentarios

  1. […] En marcha o proxecto para converter Pol no […]

  2. […] En marcha o proxecto para converter Pol no […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *