# Hashtag

Javi Silva, Juvenil de Ponteareas: «Sinto que estou atopando a confianza e a continuidade que necesitaba»

Na nosa entrega do pasado 1 de xaneiro, en Futbolingalicia repasabamos nomes da Preferente Sur que podían dar que falar nesta segunda volta. O elixido no Juvenil de Ponteareas foi Javi Silva, un lateral esquerdo vigués de tan só 20 anos que acumulaba grandes minutos na primeira volta, logo de chegar en verán a Pardellas […]

David Portas, Atlántida de Matamá: «O fútbol demostroume que non ten memoria»

O Atlántida de Matamá está vivir un ano agridoce na súa estrea na Preferente Sur. Tras un ascenso meteórico desde a Terceira Galicia, o club vigués está sufrindo a desvantaxes de ser un dos poucos equipos da categoría que non paga e actualmente está penúltimo a trece puntos da permanencia. Este domingo sacaron un punto […]

Iago Quintairos, Atlético Arnoia: «Nin se nos pasa pola cabeza a fase de ascenso a día de hoxe»

O Atlético Arnoia logrou dar a sorpresa da xornada este domingo ao golear ao actual líder, o Céltiga, por 4-1. O equipo da Queixeira, que ten que xogar en Ribadavia polas obras do seu campo, fixo un partido moi completo e atópase a tan só un punto da fase de ascenso que marca o Cambados, […]

Hugo Sanmartín, antigo adestrador do Umia CF: «Non agardaba a destitución»

No mundo do fútbol as etapas nun club adoitan ser curtas, especialmente se falamos de adestradores. Co obxectivo de loitar pola permanencia en Preferente nun equipo que lograra ascender a tempada pasada desde Primeira Galicia, Hugo Sanmartín afrontaba no Umia un ano onde por fin gozaba desa oportunidade de adestrar nun nivel como o desta […]

Pablo Lede, Portonovo SD: «A mellor imaxe do equipo está aínda por ver»

A segunda volta da Preferente Sur comezou este domingo cunha xornada na que destacou un partido por enriba de todos. Nun enfrontamento directo disputado en Baltar entre Portonovo e Choco, dous equipos que acabaron o ano loitando por evitar entrar nos postos do descenso, o cadro local logrou unha importante goleada por 5-0. Un dos […]

Poli Romero, Atlético Arnoia: «Dependemos de nós mesmos para loitar pola fase de ascenso»

Se preguntan por unha das mellores estreas na historia da Preferente probablemente apareza, desde este domingo, a de Poli Romero como local no Atlético Arnoia. Aínda que o seu debut perante o Choco no partido aprazado que se disputou o 4 de xaneiro non foi cousa doutro mundo, o extremo ourensán realizou unha actuación memorable […]

A Copa Deputación de Pontevedra avanza cara os oitavos de final

A diferenza doutras delegacións como a lucense, onde se disputou a primeira rolda da Copa durante a primeira fin de semana do novo ano, na provincia de Pontevedra tivo lugar a cuarta rolda desta competición. A Real Federación Galega de Fútbol fixou os partidos de dezaseisavos de final para este sábado 4 de xaneiro de […]

Os “One to Watch” da Preferente Sur en 2025

Coa última xornada da primeira volta aínda por disputarse, ademais dos partidos aprazados polo temporal que se recuperarán esta fin de semana, a segunda volta da Preferente Sur está á volta da esquina e promete ter grandes emocións. As loitas polo ascenso directo, os postos de fase de ascenso e a permanencia na categoría obrigarán […]

Adri Rodríguez, Céltiga FC: «Pelexar o ascenso é o obxectivo, pero non sería un fracaso non conseguilo»

A primeira volta da Preferente chegará ao seu fin o 11 de xaneiro coa xornada 17, pero os equipos marcharon ao parón de Nadal tras a celebración da xornada 16. Neste Nadal, e ata que o Beluso xogue o seu partido aprazado na primeria fin de semana de xanerio, o Céltiga será o líder da […]