# Hashtag

A Preferente Sur afronta a última xornada do ano cunha igualdade máxima

A penúltima xornada do ano na Preferente Sur deparou uns resultados que provocaron que a igualdade sexa o factor predominante na clasificación. A derrota do Céltiga ante o Atios (1-4) e as vitorias do Barco (0-1 en Pontevedra) e do Beluso (2-1 fronte ao Choco) ocasionan un triplo empate na cabeza da táboa (29 puntos), […]

Mauro Nores, CD Moaña: «Tiña claro que quería darlle vida ao club da miña vila antes de retirarme»

Mauro Nores é unha lenda do fútbol do Morrazo. O talentoso atacante moañés levaba 25 anos sendo unha das referencias do Alondras, no que era capitán xeral ano tras ano na Terceira RFEF. Con cinco fases de ascenso as súas costas, o experimentado xogador de 38 anos cambiou este verán o equipo da súa vida […]

Xabi Ares, Umia CF: «Temos que darlle continuidade ao que estamos a facer e manter a calma»

Segundo os prognósticos, o Umia CF partía ao inicio da competición como un dos equipos con máis papeletas para non manter a categoría na Preferente Sur ao ser un recentemente ascendido desde a Primeira Galicia. Porén, o club de Barrantes está dando a cara e se atopa a tan só un punto da salvación, que […]

Javi Vila, Cultural Areas: «Espero que a oportunidade de volver xogar na Terceira se dea, pero que sexa aquí»

O Cultural Areas foi un dos equipos que disputou a xornada 13 pese ao mal tempo. O conxunto adestrado por Yago Yao venceu por 1-2 ao Atios, unha das revelacións da tempada, e Javi Vila anotou un dos goles. Neste inicio de curso, o dianteiro vigués xa leva oito goles e actualmente é o máximo […]

Jorge Aires, Verín CF: «Creo que as lesións non nos están deixando mostrar todo o potencial»

Co gran triunfo deste domingo perante o Rápido de Bouzas no José Arjiz, o Verín CF abandonou os postos de descenso. O cadro dirixido por Miguel Sotelo goleou ao equipo vigués por 4-0 e adiantou ao Portonovo, conxunto ao que se medirá este domingo en Baltar nun partido importante pola permanencia. O equipo verinés, que […]

Íker Gómez, Cented Academy: «Ao rematar o partido, as sensacións eran parecidas ás dunha derrota»

Tras conseguir un gran ascenso desde Primeira Galicia a tempada pasada, o Cented Academy quere seguir dando pasos axigantados no seu crecemento e ofrecer a súa mellor versión na Preferente Sur. O equipo ourensán está a realizar un notable comezo de competición e actualmente ocupan a oitava praza da táboa, sendo o quinto equipo máis […]

Alex Jardí, CD Beluso: «Estamos a romper barreiras semana tras semana e non vemos un teito»

A Cultural Deportiva Beluso está a ser, xunto co Atios, a gran sensación deste comezo ligueiro da Preferente Sur. O equipo de Bueu ocupa o terceiro lugar da clasificación e, de acabar así a tempada, xogaría a promoción de ascenso a Terceira RFEF, categoría na que nunca participou. Detrás deste gran inicio atópase un gran […]

Ariel Herrera, CD Barco: «Tiven que vender o meu coche para viaxar a Galicia e cheguei sen ter nada seguro»

O CD Barco ocupa actualmente o primeiro posto da clasificación da Preferente Sur, igualado a puntos co Atios, e comezou a tempada con ganas de ir por un ascenso que lle leve de volta a Terceira RFEF. Co Céltiga como principal rival, o equipo de Valdeorras ten un gran cadro de xogadores cheo de experiencia […]