O Noia encadea 8 partidos sen coñecer a derrota e atópase unicamente a un punto dos postos de play-off a pesar de ascender o curso pasado a Terceira RFEF.
Tras a derrota do Noia en San Pedro por 2-0 ante o Villalonga na quinta xornada, o cadro dirixido por Iván Carril conta os seus partidos por empates ou vitorias; concretamente catro igualadas e catro triunfos.
O Julio Mato foi testigo do inicio desta gran dinámica de resultados. A visita do Boiro saldouse con reparto de puntos tras non anotarse ningún gol tras a disputa dos 90 minutos reglamentarios.
A fin de semana seguinte tamén traería consigo un empate, mais esta vez os espectadores do partido puideron ver goles. O Noia saíu do Manuel Candocia cun punto grazas ao 2-2 anotado por Hugo García no último cuarto de hora de xogo.
O 27 de outubro o Noia cortou a xeira de tres vitorias consecutivas do Gran Peña impoñéndose por 2 a 1 no Julio Mato. Cinco días después sacou un meritorio empate do campo do Estradense, un dos equipos chamados a estar na parte nobre da clasificación ao final da competición.
Tres vitorias e un empate nos últimos catro partidos
A contundente vitoria por 4-1 ante o Silva na décima xornada e o empate sen goles no campo do Alondras colocaron ao Noia en disposición de loitar polas posicións privilexiadas da clasificación.
Dous triunfos consecutivos ante equipos lucenses (2-1 no Julio Mato ante a Sarriana e 0-1 en Cantarrana diante do Viveiro) deixan ao Noia a tan só un punto da Sarriana, equipo que pecha os postos que dan acceso ao play-off de ascenso a Segunda RFEF.
Antes do parón polo Nadal, o Noia ten tres novos partidos. Dous deles serán no seu feudo, ante o Barbadás e o RC Villalbés. A última visita do 2024 para os de Iván Carril será a Lugo para medirse ao Polvorín.
FOTO DE PORTADA: MARCOS CREO