# Hashtag
antas

O Antas lévase a Copa Deputación de Lugo nos penaltis

O Antas puxo o broche de ouro a unha tempada para lembrar conquistando este domingo a Copa Deputación de Lugo, tras impoñerse ao CD Lugo B nunha final de infarto que tivo que decidirse na quenda de penaltis.

A previa

A final disputouse ás 12:00h no campo da Medela, escenario escollido para vivir o gran día do fútbol feminino lucense. A última semifinal disputada entre o San Lázaro e o CD Lugo B determinou que sería o filial albivermello quen xogaría ante o Antas polo título.

antas
Once titular na final de copa. RRSS Antas

Ambos equipos chegaron coas competicións ligueiras rematadas e dispostos a dalo todo. O Antas ca ledicia do ascenso a Primeira Galega e cun equipo máis veterano e o Lugo cun conxunto de rapazas moi ben asentadas na Segunda Galega.



Punto de inflexión

Xa co título en xogo, o Antas saíu disposto a facer valer o seu bo momento de forma. O equipo, que este ano tamén logrou o ascenso á Primeira División Galega, mostrou desde o inicio a súa ambición por facerse co título. Así e todo, o Lugo era capaz de colocarse por diante no marcador no minuto 6 cun gol de Ánxela.

Non durou moito a felicidade para as de Lugo, xa que o Antas empataba o partido no minuto 23 cun gol de Dana. Ningún dos dous equipos deu o partido por perdido e o encontro tivo que resolverse dende os once metros.

Decidiuse todo na pena máxima. RRSS Veteranos Futgal Grupo Lugo Provincial

Gran festa do fútbol lucense

Na quenda de penaltis, a frialdade e a confianza foron decisivas. Tras varios erros o marcador mantívose no 4-4 durante varios lanzamentos até que o Antas acabou impoñéndose cun 4-5. Este último lanzamento acertado de Melanie desatou a alegría no equipo e nas bancadas, onde se viviu unha celebración á altura do traballo realizado ao longo de toda a campaña.



O Antas lévase a Copa Deputación de Lugo nos penaltis

Diego Iglesias cumpre o soño que revelara

O Antas lévase a Copa Deputación de Lugo nos penaltis

Joni, a fichaxe máis proveitosa dun Celanova

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *