# Hashtag

Un Santaballés que oposita á zona nobre da Primeira Futgal

Analizamos o bo inicio do conxunto de A Liga no grupo 3 da Primeira Futgal da man de David Teijeiro, Dani Sam e Novás; tres xogadores fundamentais para o adestrador Freire no que vai de competición. Con 20 puntos tras 11 xornadas disputadas, o Santaballés ocupa a quinta praza na clasificación. O liderado atópase lonxe posto que o Burela conta con 31 puntos, mais os postos de promoción están a unicamente 4 puntos.

Verbas do máximo goleador do Santaballés

Novás é o máximo goleador do equipo con 9 tantos. Manifesta que «o equipo está traballando moi ben neste inicio de tempada, competindo ben en tódolos partidos. Fáltanos mellorar certos aspectos nos encontros que nos poden dar máis puntos, mais en liñas xerais estamos contentos e debemos seguir traballando así.»

En canto ao que considera que lle faltou ao equipo nos últimos dous encontros para sumar máis, o dianteiro cre que víronse mermados pola «toma de decisións en certos momentos en tres cuartos de campo. Houbo varios partidos que nos equivocamos bastante en este aspecto e custounos puntos. Creo que co ben que estamos competindo, se aguantamos o nivel todo o ano e somos capaces de mellorar iso, podemos facer unha moi boa campaña.»



«Cóstanos transformar as ocasións en goles. É un dos debes que temos como equipo e que debemos intentar mellorar. Pero por outro lado, este club sempre tivo un pouco esa carencia e estivo inclusive en Preferente. A nosa clave é competir todos os partidos e manter a solidez defensiva. Os goles seguro que acabarán chegando.»

Os rivais máis fortes da competición para Novás

«Os rivais máis fortes, na miña opinión, son Burela e Residencia. O play-off vanno estar pelexando, sen dúbida, Castro e Chantada e, porque non, tamén algún equipo do noso escalón que logre aguantar facendo as cousas ben ata o final.»

«O único obxectivo que nos marcan dende o Santaballés é ter compromiso co club e competir en cada partido.»



O Santaballés estará máis dun mes sen Novás

«Espero que en pouco máis dun mes poida estar de volta, dependendo obviamente de como evolucione a recuperación e a rehabilitación da lesión.»

En canto aos 9 tantos que leva anotados nestas 11 xornadas, Novás opina que «o fútbol tamén son rachas e ao final ese é un dos meus acometidos no equipo. Mais se non houbera un bo traballo do equipo detrás sería imposible. Ogallá poida seguir metendo moitos goles que sirvan para axudar ao equipo.»

David Teijeiro, central contundente e líder nun «divertido» aspecto

«Fixemos un bo inicio de tempada que nos mantén enganchados á parte alta grazas a que dentro dun ‘cadro de xogadores curto’ adestramos todos e iso é unha baza importante nesta categoría.»



«Nós non temos base nin filial ao contrario do resto de equipos que están na zona alta. Á hora de manter a intensidade de adestramentos nótase.»

«Neste bo inicio gustaríame destacar o bo facer das fichaxes que tivemos e que aportan moito.»

«É verdade que marcamos poucos goles, menos Novi que os marca todos (risas), mais o Santaballa sempre se caracterizou por ser un equipo que marcaba pouco e recibía pouco tamén. Un equipo de resultados curtos.»

«Nestes 2 últimos partidos non conseguimos gañar porque agora entramos nun tramo de tempada importante para saber se somos capaces de estar cos mellores equipos da liga, mais ese non é o noso obxectivo.»

«Como ben dice Novi, Burela e Resi parecen os favoritos pero creo que Chantada ten un equipo moi competitivo e o filial paréceme un equipo con moito fondo de armario que pode estar aí tamén.»



«E nós se somos capaces de saír “vivos” deste Tourmalet que temos o mes de decembro, podemos estar cerca deses postos.»

David, importante tanto dentro coma fóra do céspede pola súa facilidade para crear bo ambiente, destacou a tempada pasada nun aspecto non futbolístico: as multas. «Sempre está ben ser o máis destacado nun apartado que beneficia ao equipo.»

Dani Sam, o multiusos perfecto

A fin de semana pasada, coma ben recollen os nos compañeiros de FutbolinLugo, tivo que xogar de porteiro ante o Castro. Situación pouco habitual para un xogador de campo e que viviu con total tranquilidade pola personalidade que tanto o caracteriza.

«É certo que polo de agora o equipo está respondendo moi ben e iso estase a ver reflexado nos resultados e neste bo inicio de curso. Respondemos nos partidos adaptándonos ao rival e a cada momento de xogo, mais especialmente destacamos no esforzo e no traballo diario. A motivación e as gañas de cada son palpables nos adestramentos e fai que cada un sexamos un pouco mellores e que poidamos dar o máximo de cada un para ter un posto no once.»

«O equipo non está a destacar no aspecto goleador xa que o número de tantos anotados non é abundantes para a posición na que nos encontramos. Considero que calquera que vexa os partidos do Santaballés pode dicir que na meirande parte deles encontrámonos con bastantes ocasións e que o equipo está respondendo ben a nivel ofensivo. Mais non debemos obviar que a efectividade cara ao gol é un dos aspectos que debemos mellorar se queremos manternos nestes postos clasificatorios. Sinálome a min coma un deses implicados, pero por se acaso que non se despiste Novi con eses máis da metade goles do equipo.»

«Creo que unha das chaves para este bo inicio, e máis se nos fixamos no balance de goles, é a consistencia e solidez que o equipo mostra en cada partido, independentemente de cal sexa o rival e do plateamento por parte do corpo técnico. En cada partido o equipo sae a gañar e en caso de que as cousas non vaian ben non se rende ata o último minuto. Isto fai que o nivel de intensidade se manteña durante todo o partido.»

«Un bo exemplo desta situación é o último choque contra o Castro, no que o equipo sabía que era un dos partidos máis difíciles do ano e máis sumándolle que na portería iba ter que xogar eu. Pois xa dende mediados da semana, coñecederos da situación, o equipo seguiu traballando e coa confianza de que se iba sacar o partido adiante. Xa o domingo no campo a resposta foi a esperada. Todo o equipo estivo moi motivado e con moita confianza, saíndo a polo partido con moita intensidade dende o inicio e dando un gran nivel defensivo nos momentos de máis presión rival. Ademais tivemos algunha que outra ocasión para poder levar a vitoria, mais non fomos capaces de conseguir o premio do gol.»

«En relación a esa situación de ter que xogar eu de porteiro, foi algo inesperado para todos máis se cabe cando este ano contamos con 3 porteiros. Unha vez vimos que era probable que tivera que xogar, dende o corpo técnico abordouse a situación dende a mellor forma e preparándonos para iso. É certo que sorprende á maioría que o partido terminase con portería a cero e máis sendo contra o rival que era, mais o que estivera na Liga vendo o partido creo que non se foi con esa sensación. O equipo estivo moi ben e moi sólido a nivel defensivo, polo que as ocasións foron as mínimas e con tan só chegadas mediante centros laterais ou algún que outro tiro lexano sen perigo, polo que polo momento quedase tan só nunha anécdota. Iso si, que teñan coidado os 3 porteiros, non vaia ser que teña continuidade.»

«Non sei cales serán os rivais que estarán nos postos altos a final de tempada, pero dende Santaballa todos temos claro cal é o obxectivo polo que estamos aquí. Xa non só este ano e de aí que os resultados sexan os que son e que o equipo sempre de a cara. Dende o clube non nos meten presión con ningún obxectivo.»

«Xa que mencionaches o tema das amarillas é difícil apostar neste equipo por cal será o que non cumpla ciclo. É certo que dende o ano pasado o equipo está respondendo mellor nese aspecto, especialmente porque hai veces que ao chegar ao vestiario hai que pasar por caixa. No cal David ten un claro competidor por ese posto alto.»

Foto portada: ÉRICA CURRÁS

Un Santaballés que oposita á zona nobre da Primeira Futgal

Polémica na Coruña polo estado dalgúns campos

Un Santaballés que oposita á zona nobre da Primeira Futgal

O terceiro tempo. Episodio 10

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *