# Hashtag

A xornada deixa tres remontadas épicas na Terceira RFEF

A xornada 7 da Terceira RFEF deixou tres remontadas épicas. Protagonizáronas a Sarriana, o Barbadás e o Gran Peña. Precisamente, a máis abraiante foi a do cadro vigués, que perdía 2-4 a falta de dez minutos para o noventa e acabou levando os tres puntos.

A Sarriana foi quen de tombar a domicilio o líder, o Estradense, que aínda non coñecía a derrota. O cadro de Jaime Paz viu como os locais se poñían por diante na primeira metade, a través de Gamarra, e tocou mover ficha. No descanso, Paz realizou un dobre troco, dando entrada a Gegunde. «Intentamos facer unha aposta diferente, metendo máis percorrido. Santi de costas a portería baixa o balón e deunos vantaxe«, apuntou en Ao Contraataque.

Na segunda metade, apareceu Álex Millán para poñer o empate. O adestrador da Sarriana afirma que están moi contentos co ex do Celta C, pois «aporta moito, traballa moi ben, ten moito talento e mobilidade e pode xogar nas dúas bandas», indicou Paz. No 80 de partido, un gol de Boedo culminou a remontada do cadro de Ribela.



Tras este resultado, a Sarriana queda na segunda posición. Na terceira está o Gran Peña, a gran sorpresa deste inicio de liga, que volveu abraiar os seguidores da categoría unha fin de semana máis. Nesta ocasión, o equipo dirixido por Martín Blanco repúxose para vencer ao Viveiro nun partido tolo.

Santín puxera por diante aos mariñanos con dous goles en tres minutos. Dani Rosas recortou distancias, pero axiña Rolle puxo o 1-3. Breo Sío apareceu para poner o segundo do Gran Peña, pero Giammattei respondeu un cuarto de hora despois para subir ao marcador o 2-4. En só cinco minutos, entre o 85 e o 90, os tantos de Mateo Aguayo, Jon Almudí e Edu González (de penalti) cambiaron o resultado do choque.

«Remontamos co corazón no último minuto dun partido tolo. Foi un gran traballo de todo o equipo e serviu para conseguir o terceiro triunfo consecutivo«, indicaron dende o club de Lavadores. Son terceiros con 14 puntos, un menos que a Sarriana e dous por debaixo do Estradense, que se mantén líder.



A terceira remontada da xornada

No campo dos Carrís puidemos presenciar a terceira remontada desta interesante xornada da Terceira RFEF. O Barbadás deulle a volta. «Sempre me gusta ver o lado positivo, pero o certo é que se entramos como hoxe aos partidos, vai ser difícil remontalos. Hoxe tivemos a coraxe e valentía e demos un paso cara a adiante, pero hai que ser conscientes«, valoraba Juanjo Vilachá, técnico do conxunto azulón, ao remate do encontro.

Con dous goles en só dous minutos, o Atlético Arteixo puxerase por diante antes de se cumprir o cuarto de hora. Gabi puxo o 1-2 antes do tempo de lecer e, na segunda metade, fixo o empate de penalti. No minuto 70, Fernando completou a remontada para o Barbadás, que ocupa a 13ª posición.



A xornada deixa tres remontadas épicas na Terceira RFEF

Yago García, Boiro: «Vía con bos ollos

A xornada deixa tres remontadas épicas na Terceira RFEF

Ariel Herrera, CD Barco: «Tiven que vender

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *