# Hashtag

O Pontevedra CF asume a xestión do Atlético Villalonga

O pasado 9 de agosto o Pontevedra CF facía oficial a incorporación do fútbol feminino na súa estrutura. Este novo paso do club conséguese a través dunha alianza co Atlético Villalonga. A entidade granate chegou a un acordo para asumir a xestión do equipo de Sanxenxo, anteriormente coñecido como Viaxes Interrías.

Con este movemento, súmase á lista de entidades deportivas galegas que contan con sección feminina. A integración deste equipo baixo o paraugas do Pontevedra significa que as xogadoras contarán cunha estrutura máis profesionalizada, ademais dunha plataforma con maior visibilidade.

equipos

A presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, concretou que este convenio entre clubs durará inicialmente dous anos, e que a partires de aí poderase estudar unha posible adquisición ou fusión. Deste xeito, o Atlético Villalonga conserva a súa identidade e seguirá xogando no Novo San Pedro. A cambio, levarán o escudo do Pontevedra na parte traseira da súa camiseta e vestirán cunha segunda equipaxe granate.



O Atlético Villalonga ten unha tarefa difícil este ano, a de igualar ou mellorar a boa tempada pasada. Malia quedar ás portas do playoff, é un dos equipos referencia en Galicia xunto co Deportivo da Coruña, recente ascendido a Liga F. As azuis atópanse en fase de preparación para a nova campaña. Esta fin de semana disputaron un encontro amistoso ante ‘As Celtas’, o novo equipo celtista, e onde gañaron por un tanto a cero.

De maneira oficial o Atlético Villalonga de Segunda RFEF convértese no equipo feminino do Pontevedra. Contan tamén cun equipo filial na segunda categoría galega, e unha base con cadetes, infantís e alevíns.

Encontro amistoso entre As Celtas e o Atlético Villalonga. As Celtas

Seguindo os pasos de Tere Abelleira

En toda esta historia non debemos esquecer que a cidade do Lérez conta cunha referente de talla mundialista como é Tere Abelleira. As nenas pontevedresas teñen agora a oportunidade de poder seguir os pasos da súa ídolo e poder levar o escudo do Pontevedra, aínda que sexa por detrás e desprazándose ata Sanxenxo.



Este acordo pode converterse nunha oportunidade para impulsar o talento local e no futuro potenciar ao Pontevedra como un equipo referencia tamén no ámbito feminino. Este é outro exemplo da tendencia onde cada vez máis equipos están integrando e dando oportunidades ás seccións femininas nas súas estruturas. Para o Pontevedra, este novo paso debe ser máis que unha estratexia deportiva, sendo tamén un compromiso co futuro das xogadoras da contorna.

O Pontevedra CF asume a xestión do Atlético Villalonga

Julio Rey, Céltiga FC: «Non podemos esquecer

O Pontevedra CF asume a xestión do Atlético Villalonga

Todo aberto para a volta das semifinais

1 comentario

  1. […] O Pontevedra CF asume a xestión do Atlético […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *