# Hashtag
#Entrevistas #Preferente #Primeira Galicia

Hugo Rigueira, Portomarín: «A cabeza pedía descanso»

O Portomarín vén de perder a un dos seus activos máis importantes. Héctor Hugo Rigueira Folgueira (Portomarín, 1985) deixa o club da súa vila logo de 5 temporadas nas que conseguiu o ascenso ata a Preferente Norte, un fito histórico para o club miñoto. Porén, o mediocentro decidiu colgar as botas co remate da temporada 23/24.

Pese a acadar dous ascensos consecutivos, as dúas últimas temporadas no Chao da Poza foron agridoces. Tras os saltos producíronse tamén dous descensos seguidos, o que deixa ao Portomarín de novo na Segunda Galicia. Porén, todos os rivais de Hugo coinciden: foi un xogador dunha calidade excepcional e destacou en todas as categorías por riba da media. Hoxe, falamos con el para coñecer os seus motivos.

Hugo (dereita), celebrando un gol no IV All Star Futbolinlugo.
Hugo (dereita), celebrando un gol no IV All Star Futbolinlugo.

Entrevistamos a un xogador con moitos galones

Futbolingalicia: Por que tomas a decisión de retirarte?



Hugo Rigueira: Son 39 anos xa. Son moitas temporadas, pretemporadas… as dúas últimas foron bastante duras e aínda que quizais o corpo pedía seguir un ano máis, a cabeza pedía descanso.

Fig: Que sabor de boca che queda logo dos ascensos e os descensos?

HR: Agridoce. Sobre todo o ascenso á Preferente foi incrible, pero as dúas últimas temporadas foron duras. Especialmente esta última.



Fig: Vas seguir vinculado ao club?

HR: En principio vou desconectar. Non sei canto tempo, porque os que levamos tanto tempo vinculados sempre temos o gusanillo, pero vou afastarme uns meses. De feito, non sei se subirei durante uns meses ao Chao da Poza!

Fig: Todo o mundo coincide en afirmar que Hugo puido xogar en categorías máis altas.



HR: Hai moitísima xente con talento da que se di que como non chegou a xogar máis arriba. A nivel técnico fun moi ben, pero igual faltaron outras cousas. Eu son un xogador delgadiño, quizais fisicamente faltábame algo. É moi complicado o mundo do fútbol, hai moitísimos futbolistas…

«O futuro do Portomarín pasa pola xente da casa«

Fig: Houbo algunha vez ofertas de divisións superiores?

HR: Saín de Portomarín e xoguei en Brollón seis meses. Desde aí fichei polo CD Ourense e cando estaba aí si que se falaba que me seguían Sporting de Xixón, Vilarreal… Pero nunca tiven contactos con ninguén. Hai moitos scouts que seguen xogadores… nunca tiven ofertas reais.

Fig: Puxeches fin á túa traxectoria cunha emotiva despedida no IV All Star Futbolinlugo.

HR: Si, xa estivera no All Star de Carballedo de 2022. Paseino moi ben, hai un ambiente moi guai nese evento. Foi unha tarde xenial, coas mensaxes que escoitamos… foi un día moi bonito.



Portomarín
Os xogadores do All Star fanlle un corredor a Hugo na súa despedida dos terreos de xogo.

Fig: Voltará ascender o Portomarín á Primeira?

HR: É un concello moi pequeno, dos máis pequenos da provincia, con pouca mocidade. E con pouca mocidade, menos aínda á que lle interese o fútbol. Seica que hai 5-6 xogadores que estaban xogando en Taboada e que van volver aquí: o futuro pasa por esa xente, á que lles gusta o fútbol e que ten que manter o equipo. Se non hai nivel para estar máis arriba de Segunda, ou se hai que estar na Terceira, pois aí. Despois poden chegar xeracións boas, como foi a nosa, e que se chegue máis arriba. Pero as invencións de sitios como Pol non son máis que pan para hoxe e fame para mañá, hai que ser conscientes das limitacións dos concellos.

Hugo Rigueira, Portomarín: «A cabeza pedía descanso»

Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 3

Hugo Rigueira, Portomarín: «A cabeza pedía descanso»

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 6

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *