# Hashtag

German Giammattei, Viveiro: «Foron dúas remontadas dolorosas debidas a erros de concentración a nivel grupal»

German Giammattei é o segundo máximo goleador do grupo galego da Terceira RFEF con cinco goles anotados nas oito xornadas disputadas ata o día de hoxe. Falamos con el sobre o seu gran inicio goleador, ademais de como se fraguou a súa fichaxe polo Viveiro este verán e sobre o que lle está faltando ao equipo nos últimos partidos. Os da Mariña veñen de sufrir dúas duras remontadas ante Gran Peña e Estradense.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): A campaña pasada xogaches na Sarriana, que realizou unha tempada impresionante, xogando o play off de ascenso a Segunda RFEF. Como se viviu este gran curso desde dentro?

German Giammattei (en adiante GG): «Foi unha experiencia moi bonita. Todos sabemos o difícil que é chegar a un play-off. Lográmolo tras moito esforzo. Tiñamos equipo para competir e creo que o puidemos demostrar. O resultado final non era o que desexabamos mais a experiencia foi incrible. Houbo bo grupo e gran ambiente.»



FIG: Este verán fichaches polo Viveiro. Como se fraguou a chegada ao club de Cantarrana?

GG: «Tiven a axuda do meu representante Jose Fraga. O Viveiro presentoume un proxecto con moitos xogadores mozos e a verdade é que me interesou e terminei por fichar por eles. Estou moi contento en Viveiro.»

FIG: Actualmente es un dos máximos goleadores do grupo galego de Terceira RFEF. A que cres que son debidos os bos rexistros individuais?



GG: «Esta tempada comeceina ben. Considero que é debido ao esforzo que realizo nos adestramentos, mais tamén é debido aos compañeiros e ao míster pola gran confianza que teñen en min. Fanme a vida máis sinxela e moito vén deles.»

FIG: Nos últimos dous partidos sufristes dúas remontadas ante Gran Peña e Estradense. Que cres que lle faltou ao equipo para lograr os 3 puntos nestes dous encontros?

GG: «Foron dúas remontadas dolorosas debidas a erros de concentración a nivel grupal. Se tiveramos xogadores máis veteráns e con máis experiencia tal vez non tería pasado. Mais temos equipo para saír adiante e aprender destes partidos. Non sei se teremos que cambiar moito xa que estamos chegando moito en ataque e defendendo ben; simplemente foron pequenos momentos que nos penalizaron.»



FIG: Cal é o obxectivo do Viveiro para esta tempada?

GG: «Coma en todos os equipos o obxectivo é quedar o máis arriba posible na clasificación. Creo que demostramos que temos un equipo para competir, especialmente nos primeiros partidos da campaña. Seguimos xogando ben, podemos gañar a calquera e estar arriba.»

FIG: Cal é a meta a nivel individual de German para este curso?

GG: «Seguir facendo todo o posible para axudar ao equipo a quedar arriba. Por ser dianteiro o que me toca é facer goles e ata agora a cousa vai ben.»



German Giammattei, Viveiro: «Foron dúas remontadas dolorosas debidas a erros de concentración a nivel grupal»

O terceiro tempo. Episodio 6

German Giammattei, Viveiro: «Foron dúas remontadas dolorosas debidas a erros de concentración a nivel grupal»

O Compos cae coa cabeza alta nun

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *