# Hashtag

Diego Ferreiro, Ribadeo: «Dende que chegaron Luchi e Chris, o equipo mellorou moito»

A tempada 24-25 está sendo ‘movidita’ polo Pepe Barrera. O Ribadeo, chamado en verán a ocupar os postos nobres da clasificación, está comezando a saír da zona perigosa e conta chegar a posicións máis tranquilas. Falamos con Diego Ferreiro, centrocampista mozo con pasado no RC Villalbés.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Tras un inicio de tempada complicado, parece que o Ribadeo vai a máis e aspira a salvarse e inclusive a chegar a postos máis tranquilos, non?

Diego Ferreiro (en adiante DF): «Si, a verdade é que o comezo non foi nada bo a nivel de resultados, mais dende que chegaron Luchi e Chris o equipo mellorou moito e os resultados están aparecendo.»



«Hai moi bo grupo e moi bo ambiente e iso tamén axuda. O obxectivo é a salvación, que non teño dúbida de que será lograda máis pronto que tarde.»

FIG: Chegaches ao Ribadeo dende o Villalbés, previo paso por Sarria. Que recordos gardas da túa etapa no club da Magdalena?

DF: «A Ribadeo cheguei dende a Sarriana, pero si que antes estivera en Villalba. Soamente teño palabras de agradecemento e recordos moi bonitos. É un club moi profesional e sobre todo moi familiar no que hai moi boa xente. Deséxolles sempre o mellor e ogallá este ano poidan facer algo bonito.»



FIG: Quen é ata agora o adestrador que mellor che tratou? E co que máis aprendiches?

DF: «Non podo quedarme únicamente con un. Penso que aprendín algo de todos os adestradores que tiven e iso é bo. Dende que empecei na Milagrosa de pequeno ata hoxe tiven bastantes adestradores e fun collendo e aprendendo algo de cada un deles e grazas a iso son mellor xogador.»

FIG: Ata onde pode chegar o Ribadeo nesta segunda parte da campaña?



DF: «O primordial é certificar a salvación. Hai que ir partido a partido. É verdade que agora estamos nunha dinámica bastante boa. Levamos 7 xornadas sen perder, pero hai que ter os pés no chan.»

«Hai 3 meses estabamos de últimos. Entón o principal é a salvación, coma ben dixen antes, e a partir de aí quen sabe. A Preferente é moi longa e queda moita liga.»

FIG: Cales son os favoritos para o ascenso a Terceira? E para o descenso a Primeira?

DF: «Penso que o principal favorito da categoría é o Montañeros e así o di a clasificación. Ten moi bo equipo e a min gustáronme moito cando xogamos contra eles.»

«Para o descenso é moi complicado. É certo que agora hai catro equipos moi descolgados na clasificación, mais isto é moi longo e non teño dúbidas de que os de abaixo van apretar nesta segunda volta para sair de aí. Entón non me atrevo a dicir ningún equipo.»



Diego Ferreiro, Ribadeo: «Dende que chegaron Luchi e Chris, o equipo mellorou moito»

Só 7 equipos galegos aínda non coñecen

Diego Ferreiro, Ribadeo: «Dende que chegaron Luchi e Chris, o equipo mellorou moito»

O terceiro tempo. Episodio 16

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *