# Hashtag

Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 3

A acción do mercado de fichaxes do fútbol galego non para e o Preferente Sur non ía ser unha excepción. Tras os anuncios de Moaña e Cultural Areas, só o Pontevedra B, o Porriño Industrial, o Xuvenil de Ponteareas e o Atlántida de Matamá faltan por facer oficial ao encargado de dirixir ao equipo a próxima campaña.

O Cultural Areas anunciou que Yago Yao regresa ao banco da Lomba, onde xa estivo desde a 17/18 ata a chegada da pandemia, despois de dous cursos sen adestrar. Pola súa banda, o Moaña mantén a súa confianza en Edu Charlín, técnico que chegou ao final da tempada pasada e que logrou a permanencia do cadro celeste na categoría. O club tamén anunciou as chegadas de Hugo Álvarez, do CD Bueu, e de Rubén Gil, do Atios, ademais da renovación de Osky.

Cented e Arnoia baixan o ritmo, o Verín sobe de marcha

O Verín está a ser o encargado de manter o ritmo de movementos na provincia de Ourense. Adrián Mouriño, Óscar Fondevila, Mociño, Jorge Aires, Aitor Blanco, Cristian Rodríguez, Búfalo, Borja Pérez, Enio Magro, Miguel López e Carlos dos Santos seguirán no club logo de renovar o seu compromiso. O campión da Copa Deputación de Ourense tamén fixo oficial as fichaxes de Borja Suárez, Iván Otero e Iván Fernández.



Atlético Arnoia e Cented Academy, protagonistas de anteriores capítulos desta sección, baixaron o número de movementos, pero non se quedaron quietos. Os da Queixeira anunciaron a chegada do veterano mediapunta Gabi Sanín, con pasado na UD Ourense, mentres que o equipo da cidade ourensá comunicou a renovación de Blanco e as chegadas de Bustelo, Veloso, Sergio Álvarez e o goleador, Joni Magisano.

Moito movemento no Salnés

A comarca do Salnés está a ser unha das zonas con máis actualizacións de mercado, especialmente grazas ao Cambados. O equipo de Burgáns contará un ano máis con Tavares, Batallón, Paco Reigosa, Brais Parada, Cores, Cabrera, Edi Valverde, Pablo Barrio e Fran Matos. Tamén formarán parte do cadro de xogadores, Ricar, que sobe desde o filial, Seydou, procedente do Choco, e Roberto Pazos, veterano gardameta que regresa desde o Ribadumia para retirarse no equipo da súa vila.

Non estará ás ordes de Pénjamo o lateral Puyi, que pon rumbo a Barrantes para xogar no Umia. O equipo dun novo campo da Bouza renovou a Dani Bugallo e a Jonatan, e tamén incorporou a Esteban e a Álex Rey, procedente do Ribadumia. Pola súa banda, o Portonovo tamén se moveu e, ademais da continuidade de Eloy Rosal, asinou a Mateo Presas e ao porteiro Álvaro Vidal.



Os favoritos comezan con continuidade

Xunto a un Barco que aínda non anunciou ningún movemento, o Céltiga e o Choco volverán partir como favoritos na competición. O equipo da Illa de Arousa aposta pola continuidade e renovou aos seus catro capitáns; Javi Vidal, Manu Bugallo, Nico del Río e Óscar Iglesias. Tamén seguirá no Salvador Otero o centrocampista Giráldez , pero o extremo Iago Davila e o segundo adestadror, Álex Rodríguez, non o farán. 

Pola súa banda, o conxunto redondelano tamén comunicou a renovación dos seus capitáns; Cortegoso, Yago Vázquez e Álex Figueroa, que son os primeiros xogadores do cadro de xogadores de Félix Rial.



Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 3

Os campos de terra resisten na Primeira

Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 3

Hugo Rigueira, Portomarín: «A cabeza pedía descanso»

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *