# Hashtag

Carabán, Estradense: «Atopámonos nun bo momento»

Pablo Carabán é un dos capitáns do Estradense, actual primeiro clasificado do grupo galego de Terceira RFEF. No partido desta fin de semana sufriu unha contusión, situación que lle impediu rematar a primeira metade do encontro. Os seus compañeiros lograron unha nova vitoria, manténdose desta maneira invictos.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Con varios cursos ás costas no club, xa eres un dos capitáns. Que significa para ti o Estradense?

Pablo Carabán (en adiante PC): «É a miña séptima tempada. É un orgullo estar nun equipo así tantos anos. Conseguimos un ascenso a Terceira RFEF e un play-off. Este ano atopámonos nun bo momento.»



«O Estradense é un dos equipos nos que máis anos botei e nos que fixen moitos amigos. É unha gran familia e un gran grupo de persoas.»

FIG: Tras un inicio de campaña moi bo, este Estradense pinta moi ben. Cales están a ser as claves deste gran comezo?

PC: «Penso que o bo inicio de tempada é debido ao gran grupo humano que temos. Ademais contamos cun corpo técnico que nos apoia e composto por xente da casa. Os xogadores estamos unidos e imos todos a unha. Estamos a facer o que nos piden os adestradores e ogallá que este gran comezo de campaña mantéñase por moitos partidos máis.»



FIG: No partido do sábado tiveches que ser substituído antes da media hora de xogo. Como te atopas?

PC: Lesioneime aos 20 minutos e tiven que marchar ao hospital, polo que non puiden ver os goles do equipo. Por sorte soamente foi unha contusión. Uns días de repouso e listo para voltar!»

FIG: Cal é a meta do club para este curso? 



PC: O obxectivo principal do Estradense é sempre, como mínimo, manter a categoría. Levamos uns cantos anos facendo boas campañas e obviamente sempre buscamos estar nos postos máis altos e chegar o máis lonxe posible na clasificación.»

FIG: E o teu a nivel persoal?

PC: «Xa son dos veteráns do club. O meu fin é axudar ao equipo dentro das miñas posibilidades e tentar facer un gran ano.»

«Axudar aos que entraron novos este ano no cadro de xogadores ou aos xuvenís forma parte da miña meta persoal. Facer un bo grupo para que estemos todos a unha cando as cousas vaian ben e tamén cando vaian mal. Se todos estamos unidos, será máis fácil.»



Carabán, Estradense: «Atopámonos nun bo momento»

O terceiro tempo. Episodio 4

Carabán, Estradense: «Atopámonos nun bo momento»

O Gran Peña supera expectativas no arrinque

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *