A Real Federación Galega de Fútbol publicou a primeira resolución das axudas federativas da tempada actual. Preto de 600 clubs de fútbol e fútbol que formalizaron de maneira correcta a solicitude das axudas a través da plataforma habilitada na páxina web da entidade.
O resultando da primeira resolución é que a Federación Galega vai a ingresar aos clubs 624.049 euros. Deles, 542.614 corresponden a equipos de fútbol e a contía restante a fútbol sala. «Trátase dunha cantidade moi relevante que se verá incrementada cando remate o prazo da prórroga e se publique a segunda resolución«, explicaban dende a RFGF.

Liñas subvencionables
A Federación leva varios anos destinando para os clubs a cantidade íntegra que se recibe do 1% dos dereitos de TV do fútbol profesional. Ademais, completa a cantidade total das axudas con recursos propios.
Deste xeito, a pasada tempada chegaron aos 1.468.292 euros. Entre as liñas subvencionables que se contemplaban entón estaban as seguintes: fomento fútbol base (axuda xeral e deslocalizado), programa Alento do fútbol afeccionado, promoción do fútbol feminino, fomento do fútbol sala, arbitraxes de categorías base de fútbol sala, seguro de responsabilidade civil, participar en copas provinciais e cesión de futbolistas ás seleccións galegas.
Beneficiarios das axudas na primeira convocatoria
Dos algo máis de 542.000 euros para equipos de fútbol, preto de 80.000 son por fútbol base, 266.000 do plan Alento e 197.000 por fútbol feminino.
Neste contexto, o Victoria F.C. (con 10.846 euros), o Victoria C.F. (10.730 euros) e o Lóstrego Club de Fútbol (con 10.314 euros) son os clubs que máis cartos reciben, seguidos do Sardoma C.F. (case 8.900) e o Club Peluquería Mixta Friol (7.100). O Atlético Villalonga recibe máis de 6.900 euros.

O que menos recibiu nesta primeira convocatoria foi o A.D. Liceo coruñés, con pouco máis de 22 euros pola liña de fútbol base. Ingresarán só 70 euros a U.D. Comesaña e o Marín Futsal e non chegarán aos 80 euros o Club Xesuitinas, con 75, e o Mesoiro FC, que se conforma con 78 euros da liña de fútbol feminino.