Dos dez primeiros clasificados da táboa de Terceira RFEF unicamente logrou a vitoria na xornada desta fin de semana o RC Villalbés. Os de Alberto López son segundos, empatados a puntos coa UD Ourense. Estradense, Sarriana e Arosa completan os postos de play-off de ascenso.
Seguen a ser habituais os cambios de adestrador na provincia de Lugo
A xornada en Terceira RFEF remata con dous bancos lucenses que terán novos inquilinos. Fabri, no Viveiro, e Guillermo Oriol, na Sarriana, presentaron as súas dimisións tralas derrotas sufridas polos seus equipos ante Valladares e Villalonga.
A loita pola permanencia non cesa
A parte baixa da clasificación aprétase coas mencionadas vitorias de Valladares e Villalonga e o triunfo do Barbadás na casa do colista Betanzos.
Cabe recordar que tódolos equipos do grupo galego de Terceira RFEF teñen que disputar aínda a xornada adiada da fin de semana pasada polo temporal que azotou a Galicia.
A continuación tódolos resultados da xornada:
- Estradense 2 – Gran Peña 2
- Silva 0 – Somozas 0
- Alondras 1 – Boiro 1
- Sarriana 1 – Villalonga 2
- Viveiro 2 – Valladares 3
- Noia 0 – Arosa 0
- Villalbés 1 – Arteixo 0
- Polvorín 2 – Ourense 2
- Betanzos 0 – Barbadás 1
A vindeira fin de semana virá cargada de auténticos ‘partidazos’. Velaquí o planning íntegro da xornada 21 na Terceira RFEF:
- Arosa – Villalbés
- Arteixo – Polvorín
- UD Ourense – Betanzos
- Boiro – Sarriana
- Villalonga – Viveiro
- Valladares – Noia
- Barbadás – Estradense
- Gran Peña – Silva
- Somozas – Alondras
Foto de portada: Instagram RC Villalbés