# Hashtag

Estes son os seis campións de inverno da emocionante Primeira Futgal

Remata 2024 e toca coñecer os campións de inverno dos seis grupos en que se divide esta temporada a Primera Futgal. Algúns están máis axustados, mentres que noutros as diferenzas son máis importantes.

Grupo 1: Orillamar (33 puntos)

Está moi aberto este grupo 1, con tres puntos de diferenza entre os catro primeiros. Lidera o Orillamar, que asaltou a primeira praza hai un par de xornadas logo de que a Cultural Maniños sumase varios picazos consecutivos. Un dos favoritos, o Victoria CF, foi líder durante varias semanas e na actualidade é cuarto, a tres puntos do Orillamar.

Grupo 2: Club do Mar (38 puntos)

Con 11 vitorias en 15 partidos, o Club do Mar de Caión domina a táboa e despide o ano como campión de inverno. Leva no alto dende o comezo e só o Dumbría, segundo a dous puntos, parece ter opcións a curto prazo de chegar a ese primeiro posto. Por detrás veñen Carral, Boimorto e Fisterra.



Grupo 3: Burela (41 puntos)

Consolidado no liderato está tamén o Burela no grupo lucense. O conxunto mariñano sumou 41 puntos, cinco máis que o seu inmediato perseguidor, a Residencia. Iso si, tras o parón de Nadal terán que repoñerse da baixa do lateral Alejandro Esquerdeiro, que asinou polo Viveiro de Terceira RFEF.

Grupo 4: Antela (41 puntos)

Na provincia de Ourense atopamos o líder máis destacado de toda a categoría. O Antela, claro favorito para regresar a Preferente, ten once puntos de diferenza sobre o segundo clasificado. O equipo de Xinzo só perdeu un partido das 16 xornadas xa celebradas. Por detrás, a loita polo play-off está que arde, con seis equipos en só tres puntos.

Grupo 5: Puebla (41 puntos)

Logo de ser durante varias semanas o único equipo galego das sete primeiras categorías que gañara todos os partidos, o Puebla cortou a súa xeira ao sumar un empate. Logo chegaría outro, pero todo o demais son vitorias, o que fai que non baixen do primeiro posto da táboa. O grupo está a deixar una interesante pelexa Puebla-Unión. O resto de equipos veñen moi por detrás.



Grupo 6: Tyde (38 puntos)

Tamén no grupo 6 hai un líder marcado dende as primeiras xornadas. O Tyde logra sacar adiante os partidos con solvencia e domina con gran autoridade o grupo, sendo claro favorito a ascender. Suma 38 puntos, pero ten un partido menos que os seus perseguidores. O máis inmediato é o Gondomar, que é segundo, pero a diferenza é xa de cinco puntos.

En inverno ou verán, sempre atentos á categoría

FutbolinGalicia segue cada semana a Primera Futgal para escoller os Diferenciais, eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Estes son os seis campións de inverno da emocionante Primeira Futgal

Análise da primeira parte do curso na

Estes son os seis campións de inverno da emocionante Primeira Futgal

Os “One to Watch” da Preferente Sur

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *