Personalizar las preferencias de consentimiento

Usamos cookies para ayudarle a navegar de manera eficiente y realizar ciertas funciones. Encontrará información detallada sobre cada una de las cookies bajo cada categoría de consentimiento a continuación.

Las cookies categorizadas como “Necesarias” se guardan en su navegador, ya que son esenciales para permitir las funcionalidades básicas del sitio web.... 

Siempre activas

Las cookies necesarias son cruciales para las funciones básicas del sitio web y el sitio web no funcionará de la forma prevista sin ellas.Estas cookies no almacenan ningún dato de identificación personal.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies funcionales ayudan a realizar ciertas funcionalidades, como compartir el contenido del sitio web en plataformas de redes sociales, recopilar comentarios y otras características de terceros.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies analíticas se utilizan para comprender cómo interactúan los visitantes con el sitio web. Estas cookies ayudan a proporcionar información sobre métricas el número de visitantes, el porcentaje de rebote, la fuente de tráfico, etc.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies de rendimiento se utilizan para comprender y analizar los índices de rendimiento clave del sitio web, lo que ayuda a proporcionar una mejor experiencia de usuario para los visitantes.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies publicitarias se utilizan para entregar a los visitantes anuncios personalizados basados ​​en las páginas que visitaron antes y analizar la efectividad de la campaña publicitaria.

No hay cookies para mostrar.

# Hashtag
Copa Vigo

Racing Castrelos e As Celtas B, campións da edición 90 da Copa Vigo

O mes de novembro comezou no fútbol galego coa celebración de partidos das copas de afeccionados. Entre elas, a Copa Vigo, o trofeo no máis antigo de Galicia. Disputáronse as finais da súa 90 edición no caso masculino e a undécima, no feminino. Venceron o Racing Castrelos e As Celtas ‘B’.

Para o Racing Castelos era a sétima vez que erguían este título, que non gañaban dende 2019. O equipo de Anxo Leiros, de Primeira Futgal, impúxose 3-0 ao Santa Mariña, da súa mesma liga, no Federativo de Coia.

Iago e Iván adiantaran aos de Castrelos no marcador antes de que se cumprise a media hora de xogo. Tras o regreso do descanso, Jose anotou o terceiro, sentenzando o partido. Os xogadores do Racing Castrelos celebron sobre o verde a Copa Vigo ao remate do encontro.



Primeiro título para As Celtas ‘B’

Na competición feminina, a Copa Vigo foi para As Celtas ‘B’, que conseguiu deste xeito o seu primeiro título poucos meses despois da súa creación. As celestes, que compiten na Primeira División Galega, superaron 5-0 ao Valladares, tamén no Federativo.

Os goles de Ángela, Iria por partida dobre, Emma e Naiara serviron para a consecución deste primeiro título do segundo equipo feminino do RC Celta. A presidenta do club, Marián Mouriño, asistiu ao partido e participou no acto de entrega do trofeo.

A Copa Vigo, un título con historia

Neste torneo, que comezou a celebrarse en 1933, poden participar clubs do Concello de Vigo de Primeira, Segunda ou Terceira Futgal. Desta volta, inscribíronse 15 equipos.



A Copa Vigo ten unha longa historia. A primeira edición masculina tivo lugar en 1933, o que convirte este trofeo no máis antigo de Galicia. Mentres, a edición feminina incorporouse en 2013.

Os vencedores das dez edicións anteriores foron os seguintes: Alertanavia (2013, 2014 e 2021), Coia (2015), Gran Peña (2016 e 2017 -na imaxe sobre estas liñas-), Candeán (2018), Racing Castrelos (2019), Rápido de Bouzas B (2022) e Atlántida Matamá (2023).

Outras copas neste día festivo

Coincidindo con este primeiro de novembro festivo xogáronse tamén partidos doutras copas. No caso da de Ourense, avanzaron á seguinte rolda equipos como o Allariz, o Barco, o Velle, o Arnoia, o Verín ou o Nogueira. Unha das sorpresas foi a eliminación do líder do grupo ourensán de Primeira, o Celanova, que caeu nos penaltis co Loñoá.



A Copa Deputación de Pontevedra terá na terceira rolda a, entre outros moitos, o Vea, o Lalín, o Ribadumia, o Pontevedra ‘B’, o Domaio, o Celtiga, Progresista, Atios, Alertanavia ou Tomiño, só por citar algúns. Tamén quedan por se celebrar unha morea de partidos desta segunda rolda.

Ferrol viviu tamén o comezo da súa Copa. Deste xeito, conseguiron pasar a oitavos equipos como o Cedeira, Galicia de Caranza, Mugardos, Vadoviño, Perlío, Narón e O Val. Na Coruña, a Copa comezará na ponte festiva de decembro, en concreto o día 6.

Imaxes: Racing Castrelas / As Celtas

Racing Castrelos e As Celtas B, campións da edición 90 da Copa Vigo

O Lóstrego volve á senda da vitoria

Racing Castrelos e As Celtas B, campións da edición 90 da Copa Vigo

Un Valladares moi competitivo no seu regreso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *