# Hashtag
#Terceira RFEF

O Boiro golea o Portonovo e o Barco continúa coa súa boa dinámica

A xornada 12 da Terceira RFEF deixou unha gran goleada do Boiro, que se impuxo por 6-2 ao Portonovo, e unha nova vitoria do Barco, que venceu por 1-3 ao Racing Villalbés. O Pontevedra B tamén destacou cun triunfo por 2-4 ante o Montañeros. Pola súa banda, a Sarriana empatou co Silva nunha xornada na que tamén foi noticia o cambio no seu banco.

O Boiro goleou por 6-2 ao Portonovo nun encontro con moitos goles e un treito final especialmente movido. Mario Brea adiantou os locais no media hora de partido e ampliou a distancia nove minutos despois. Na segunda metade, Gonzalo Landeira marcou dous tantos máis, para poñer o 4-0. O Portonovo reaccionou no tramo final con goles de Yoel Crespo, de penalti no 80, e Schneider, no 85. Porén, o Boiro respondeu de inmediato, un minuto despois Juan Cambón marcou o quinto e Diego Enjamio pechou a goleada no 87.

O Barco venceu por 1-3 ao Racing Villalbés nun encontro no que os visitantes golpearon moi cedo. Raúl Arias marcou no minuto 8, pero Borja Míguez igualou tres minutos despois. No 36, un gol en propia porta volveu poñer por diante o Barco, que sentenciou o encontro no minuto 55 cun segundo tanto de Raúl Arias. Os de valdeorras suman así catro xornadas consecutivas puntuando, unha racha que actualmente solo iguala o Silva.



O Pontevedra B impúxose por 2-4 ao Montañeros nun partido cheo de alternativas. Jorge Otero adiantou os locais no minuto 2, pero Fernando Iglesias empatou pouco despois para ir ao descanso empatados. Na segunda metade, sobre a hora de partido André Delgado e Amet marcaron dous goles en dous minutos para poñer terra de por medio a favor dos pontevedreses. Dani Fernández recortou distancias no 74, pero Manu Campos sentenciou no minuto 82.

O Arenteiro venceu por 1-2 ao Estradense nun encontro no que os visitantes golpearon moi cedo. Ocapo marcou no minuto 2 e Manu González ampliou a vantaxe no 68. O Estradense non se rendeu e Dani Pedrosa recortou distancias no minuto 82, pero os ourensáns non conseguiron completar a remontada.

Empates para Sarriana, Silva e Antela

A Sarriana e o Silva empataron 1-1 nun encontro no que os visitantes se adiantaron no minuto 5, pero Álex Pérez, dende o punto de penalti, igualou no 64. A actualidade do conxunto lucense tamén pasa polo banco, coa saída de Alberto Mariano e a chegada de Jaime Paz, técnico que xa dirixira a Sarriana no histórico ascenso á Segunda RFEF hai dúas temporadas. Paz deixara o club para acompañar a Quique Setién no Beijing Guoan e posteriormente traballou con Ramiro Amarelle no fútbol chinés.



Tamén houbo empate no encontro entre o Atlético Arteixo e o Antela (1-1). O partido chegou aos minutos finais coa igualdade no marcador. Os arteixáns adiantaronse cun tanto en propia porta do Antela no primeiro tempo, pero Negrete conseguiu solventar o erro empatando no minuto 83 para así polo menos sumar un punto.

O Céltiga e o Lalín empataron sen goles (0-0) nun encontro no que ningún dos dous equipos conseguiu atopar o camiño da portería rival.

Viveiro supera o Somozas e Alondras e Gran Peña reparten puntos

O Viveiro venceu por 2-1 ao Somozas nun partido no que os locais conseguiron unha vantaxe temperá. Fran Rolle marcou no minuto 13 e Lucas Suárez ampliou a diferenza no 29. O Somozas reaccionou pouco despois e Aldán Naval recortou distancias no minuto 32, pero o marcador xa non se moveu na segunda metade.



Por último, o Alondras e o Gran Peña empataron 1-1. Yelco Alfaya adiantou os locais nada máis comezar a segunda metade, pero Robert Carril conseguiu o empate no 82 para que ambos os equipos sumasen un punto.

Así queda a clasificación

Na parte alta, o Boiro mantén o liderado e ocupa a praza de ascenso directo. Nos postos de promoción sitúanse o Barco, o Silva, o Pontevedra B e a Sarriana.



Na zona de descenso, de abaixo cara arriba, están actualmente o Montañeros, o Viveiro e o Gran Peña, que buscarán sumar puntos nas próximas xornadas para saír dos postos perigosos.

O Boiro golea o Portonovo e o Barco continúa coa súa boa dinámica

Iago Cruña, Ribadeo FC: «Volver competir despois

O Boiro golea o Portonovo e o Barco continúa coa súa boa dinámica

O Boiro golea o Portonovo e o