En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sexa do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é a SD Oural da tempada 2023/2024, que logrou o ascenso a Primeira Galicia tras ser o campión do grupo 2 lucense da Segunda Galicia.
Os responsables do ascenso da SD Oural
Os gardametas Julián Esteban Gudiño e José Manuel Rodríguez; os defensas Jorge Rodríguez, Diego Casanova, Fran López, Iván Fernández, Javi López, Diego Arias, Manuel Goyanes, Miguel López e Monir Hammoudan; os centrocampistas Yonier Estiv Muñoz, José María López, Alejandro Cayuela, Diego Porral, Marcos López, Jorge Andrés Ospina e Javi Vilar; e os dianteiros Diego Díaz, Óscar López, Diego Pandiscia, Mario Fernando Puerta e Sergio Álvarez formaban o cadro de xogadores que conseguiu o salto de categoría. Jorge Fernández González, máis coñecido no noso fútbol como Negrete, era o adestrador, acompañado por Miguel Prestamo e Teolindo Fernández.
Vinte vitorias, catro empates e seis derrotas conforman os resultados dos nosos protagonistas nas trinta xornadas de competición ligueira. Os sesenta e catro puntos logrados outorgáronlles, ademais do ascenso, o campionato do grupo 2 lucense da Segunda Galicia. Cabe destacar a aportación ofensiva de Mario Fernando Puerta Arcila e Jorge Andrés Ospina Ruiz, autores de vinte e tres e dezasete goles respectivamente. Entre os dous atacantes anotaron máis da metade dos setenta e oito tantos que os do Luis Pallín conseguiron nesta histórica tempada.

Actualidade da SD Oural
Na presente campaña o Oural compite no grupo 3 da Primeira Futgal, ocupando a décimo cuarta posición na clasificación tras once xornadas disputadas. O pasado domingo impúxose por 2-1 ao Atlético Escairón grazas aos tantos de Yago Fernández e Joalvin Jovino Fernández. Esta fin de semana viaxará ata O Vicedo para medirse á UD Folgueiro en Boa Vista.
Foto portada: FutbolinLugo


















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































