# Hashtag

Os Vintage: Atlético San Pedro feminino 2023/2024

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sexa do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o Atlético San Pedro feminino da tempada 2023/2024, que logrou o ascenso á Primeira División Galega feminina tras ser campión do grupo 1 da Segunda División Galega.

As futbolistas que lograron o primeiro ascenso do Atlético San Pedro feminino

Aida Dopazo, Alba Martínez, Ahinoa Jaramillo, Helena Seijo e Lucía Fuentes superaron os 2.000 minutos de xogo durante o transcurso da fase regular. Tamara Cancela, Lia Dunne, Eva Cambre, Antía Fuentes, Iara Santos, Lara López, María Mouriz, Marta Rosende e Uxía Balsa superaron a barreira dos mil minutos. Alba Alonso, Ángela Prado, Laura Novas, Leticia Fernández, Cristina Rosalía Rodríguez, Lucía Rodríguez, Mirian Galbán, Laura Otero, Paula Ramos, Sara Carracedo, Sara Gagino e Eva Villar non chegaron ás catro cifras no tocante ao reparto de minutos mais foron iguais de importantes para lograr o primeiro ascenso na historia do Atlético San Pedro feminino. O corpo técnico que conseguiu este gran fito nos inicios da vida da sección feminina do club estaba formado por Virginia del Río, Ismael Viñal e Melani Rivas.

Setenta e cinco puntos, logrados tras vinte e catro vitorias, tres empates e tres derrotas, foi a puntuación que permitiu as nosas protagonistas alzarse co título de liga. Foron o equipo máis goleador do grupo 1 da Segunda División Galega feminina tras anotar 112 tantos nas trinta xornadas das que constaba a competición. Alba Martínez Caamaño foi a pichichi do conxunto coruñés e tamén da competición. Perforou en ata corenta ocasións as redes das portarías rivais, obtendo a impresionante estadística de 1,33 goles por partido disputado. Lia Dunne Digon, con trece, e Lucía Rodríguez Carballo, con doce, son as outras xogadoras do Atlético San Pedro que superaron a decena de goles durante a tempada 2023/2024.



Actualidade do Atlético San Pedro feminino

Este domingo, 11 de outubro, disputarán a xornada cinco da Terceira Federación. Visitan ao Orzán SD nun partido que comezará ás 16 horas e que se celebrará no campo 2 da Torre. Contan con catro puntos tras vencer ao Tomiño, empatar co Bergantiños e caer ante o Villalonga e a SD O Val. Alba Martínez Caamaño, máis de dous anos despois da xesta do primeiro ascenso, continúa a ser a maior arma ofensiva do equipo. Leva cinco tantos nas catro primeiras xornadas da actual tempada.

Foto portada: As xogadoras do Atlético San Pedro festexando o trofeo de campioas e o ascenso. Cedida



Os Vintage: Atlético San Pedro feminino 2023/2024

Os Diferenciais marcan o ritmo (P. II)