# Hashtag

Os Vintage: SD Bande 2016/2017

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é a SD Bande da tempada 2016/2017, que logrou o ascenso a Preferente por primeira vez na súa historia.

Os nomes do ascenso

Os gardametas Manu Martínez, José Santos, Suso Domínguez; os defensas Andrés González, Alfonso Calvo, Pablo García, Pablo Fernández, Alejandro José Fernández, Mario Nazareno Salomón, Víctor Manuel Nieves; os centrocampistas Hugo Domínguez, Jaime Fernández, Karim Herrero, Marcones Costa, Cristian Rodríguez, Cristian Presas, Antonio Nespereira, Juan José González e os dianteiros David Soares, Luis Ossorio, Joaquín Cotarelo e Víctor Manuel Oliveira conformaban o cadro de xogadores da SD Bande na citada tempada. Iván González Palacios foi o adestrador que levou ao equipo da comarca da Baixa Limia a un salto de categoría histórico.

O ascenso chegou a falta de sete xornadas

A regularidade da SD Bande durante a tempada foi asombrosa. Os números non menten: vinte e nove vitorias, catro empates e unha derrota. O ascenso chegou a falta de sete xornadas para a finalización da fase regular, en concreto tras o triunfo por 3-2 ante o Ribeiro FC. David Soares, Cristian Rodríguez e Antonio Nespereira foron os goleadores dunha tarde de marzo que perdura na memoria da afección do Outeiro. A puntuación final da SD Bande foi de noventa e un puntos, sacando nove de vantaxe á UD Ourense, segundo clasificado, e trinta e un ao Ribeiro FC, terceiro. Números que amosan a gran superioridade que tivo o equipo durante toda a campaña.



Unha SD Bande con moito gol e cun auténtico killer nas súas filas

A SD Bande anotou cento tres goles nas trinta e catro xornadas das que constaba o grupo 4 da Primeira Galicia 2016/2017. Algo máis de tres tantos de media por partido, uns números ofensivos dificilmente superables. Destacou a aportación do dianteiro David Soares, autor de trinta e dous goles nos trinta partidos nos que participou. Mais a parcela defensiva tamén debe ser mencionada! Os de Iván González unicamente concederon vinte e tres goles, sendo o equipo menos goleado do grupo.



Os Vintage: SD Bande 2016/2017

Os Vintage: SD Bande 2016/2017