# Hashtag

Os Vintage: Soneira SD 2O15/2016

En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2015/2016 do Soneira SD, que ascendeu á Preferente Norte tras ser campión do grupo 2 da Primeira Autonómica con 71 puntos, 77 goles a favor e 39 encaixados.

Anxo Lema, Javi Martínez, José Lema, Aarón Fernández, Brais Mouzo, Darío Pardiñas, Fran de Urroa, Maikel Vilela, Adrián Lema, Alberto Carballo, José de la Sierra, José Ramón Río, Marcos Curra, Martín Tajes, Cristian Álvarez, Óscar Romero, Mario Núñez, Bastián de la Sierra, Cristian Figueroa, Javi Souto, Ricardo Álvarez, Alberto Álvarez, dirixidos dende o banco por Manuel Leis Maceiras, conformaban o cadro de xogadores do Soneira SD no citado curso futbolístico.

Oito vitorias, cinco delas por tres ou máis goles de diferenza, e un empate son os números cos que o Soneira SD comezou a competición, amosando dende o inicio a súa candidatura ao ascenso. E esta non foi a mellor xeira de resultados do curso! Dende a xornada 22 ata a 32, nun lapso de dous meses e medio, os de Vimianzo lograron nove triunfos e dous empates. Un ascenso sustentado nunha gran regularidade.



O killer do Soneira SD, Bastián de la Sierra Suárez, anotou vinte e catro tantos, sendo o terceiro máximo goleador do grupo 2 da Primeira Autonómica esa tempada. Alberto Álvarez, con trece, e Javi Souto, con nove, completan o trío anotador dos de Vimianzo.

Gran papel do Soneira na LII Copa da Costa

Tamén merece unha especial mención a gran participación do Soneira SD na LIII Copa da Costa, na que foi subcampión. Na primeira eliminatoria venceu con contundencia á SD Coristanco (1-7). O seguinte rival foi o Outes, que na ida da segunda rolda foi capaz de sacar un empate (1-1) no Municipal Irmandiño, mais na volta o Soneira impúxose a docimilio (1-2) e logrou o pase a oitavos. Cun resultado global de 9-2 ante a SD Castriz, os de Manuel Leis chegaban aos cuartos de final como un dos favoritos a levantar o trofeo.

As dúas vitorias na eliminatoria ante o CD Bayo (2-1 e 0-2) poñían o título a 270 minutos de distancia. O pase á final pechouse tras un gran partido de ida nas semifinais ante o Sporting Zas (3-0). Na final esperaba o Xallas, que remataría obtendo o título tras vencer na final dende os once metros (0-0 no tempo reglamentario). No apartado goleador destacou Ricardo Álvarez, con 9 tantos, que rematou como o máximor goleador da competición.



Foto portada: Jorge Parri



Os Vintage: Soneira SD 2O15/2016

Os gladiadores da Primeira Futgal son os

Os Vintage: Soneira SD 2O15/2016

Os Vintage: Soneira SD 2O15/2016