# Hashtag

Os Vintage: Cultural Areas 2016/2017

Unha semana máis FutbolinGalicia presenta unha nova entrega dos Vintage! Continuamos repasando tempadas históricas de equipos galegos nas nosas competicións. Hoxe toca falar do Cultural Areas da campaña 2016/2017, que logrou o campionato do grupo Sur de Preferente e, por tanto, o ascenso a Terceira División.

Os culpables do éxito do Cultural Areas 16/17

Luis Filipe, Raúl Gil, Sergio Rodríguez, Telmo Ribeiro, Murilo Henrique, Dani Porto, Manu Pereira, Rubén Martínez, Nuno Filipe, Gonçalo Araujo, Manuel Gomes, Joao Filipe, Lato Alciene, Javi Otero, Malam Seide, Alberto Castiñeira, Samuel Fuentes, Cristian Fernández, Iván Martín, Iago Santiso, Rubén Oliveira, Óscar Covelo, Leandro Gerson, Rodrigo Galvao e José Alves formaban o cadro de xogadores que logrou o título de liga e o ascenso. Antón Gamallo, adestrador, Carlos Rui, segundo adestrador, e Jorge Álvarez, delegado, conformaban o corpo técnico en dita tempada.

A bagaxe do Cultural Areas nas 38 xornadas da fase regular do grupo Sur da Preferente Galicia 16/17 foi de 25 vitorias, 8 empates e 5 derrotas. Ata en 87 ocasións perforaron a rede da portaría contraria, encaixando 42 goles (+45). Alberto Castiñeira levou o peso ofensivo do equipo, logrando 24 goles, 3 deles de penalti. Leandro Gerson, con 16, e Nuno Filipe, con 15, completan o top-3 de goleadores do Cultural Areas nunha tempada para o recordo.



O ascenso chegou na Lomba o 14 de maio

Na xornada 36 o Cultural Areas recibía no seu campo, a Lomba, ao Erizana co obxectivo de lograr o salto de categoría. Telmo Ribeiro adiantou ao seus no 5´, ante a ledicia e ilusión dos afeccionados que ateigaban as bancadas. Alejandro Barreiro puxo o momentáneo 1-1 no 54´. Nuno Filipe outorgaba de novo o ascenso no 61´, que se escapaba unicamente tres minutos despois co 2-2, obra de novo de Alejandro Barreiro. Mais Alberto Castiñeiro, en dous minutos máxicos, anotou un dobrete (68´e 69´) para a historia da Lomba. O ascenso xa era unha realidade, tras un ano de moita regularidade. A festa nas bancadas e no campo continuou por varias horas. Por terceira vez na súa historia, o Cultural Areas xogaría en Terceira División.

Os Vintage: Cultural Areas 2016/2017

Os Diferenciais brillan co bo tempo (P.

Os Vintage: Cultural Areas 2016/2017

Os Vintage: Cultural Areas 2016/2017