Nesta nova entrega dos Vintage recordaremos a histórica campaña 2022/2023 do RC Villalbés, na cal os chairegos ascenderon a Segunda RFEF a través dun play-off para o recordo da afección dos da Magdalena.
Nun grupo galego de Terceira RFEF no que reinaba unha gran igualdade, o RC Villalbés rematou a fase regular en cuarta posición, tendo por tanto dereito a disputar o play-off de ascenso. Se quería lograr o ascenso, o conxunto dirixido por Simón Lamas debía saír victorioso de tres eliminatorias: dúas da fase galega e unha da nacional. E así foi!
A primeira das eliminatorias que tivo que superar o RC Villalbés empezou cunha derrota por 0-1 ante o Club Rápido de Bouzas. No Baltasar Pujales chegou a remontada tras un 0-2 que daba o pase á última eliminatoria ante outro equipo galego. De novo o partido de ida foi na Magdalena, que rematou con empate (1-1). O campo do Arosa, A Lomba, dictaría sentenza. E o Villalbés saliu vitorioso tras vencer por 1-2. Restaba unha eliminatoria para conseguir o histórico ascenso.
A Magdalena vestiuse de gala para recibir ao La Calzada nun partido que rematou con empate (1-1). O ascendido decidiase no campo de El Rollo. Máis de 300 afeccionados do RC Villalbés acompañaron ao seu equipo nunha tarde para a historia. Os tantos de Marcos Álvarez, Álex Pérez e Santi Gegunde (0-3) certificaban o ascenso. Un salto de categoría que será recordado durante moito tempo en terrras chairegas.
Bugy, Marcos Souto, Santomé, Buyo, Cadra, Damián, Dani Fernández, Joel López, Diego López, Vérez, Diego Ferreiro, Javi Rey, Javi Varela, Make, Migui Rivas, Noel Teixeiro, Pablo Rey, Rares, Samu López, Xurxe Méndez, Álex Pérez, Cuadrado, José Varela, Marcos Álvarez e Santi Gegunde conformaban o cadro de xogadores. Simón Lamas capitaneaba un corpo técnico que incluía tamén a Juan Rodríguez, Manu Lamas, Alexandre Vázquez e David Otero.






















































































































































































































































































































































































































































































































































































