# Hashtag

Descubre o Top 3 de decembro e vota polas túas favoritas de xaneiro

O Top 3 mensual da Terceira RFEF feminina continúa consolidándose como un espazo de recoñecemento ao rendemento das xogadoras ao longo da tempada. Tras pechar a votación correspondente ao mes de decembro, xa se coñecen as tres futbolistas máis apoiadas pola afección, ao tempo que se abre unha nova enquisa para elixir ás mellores de xaneiro.

O podio de decembro encabezado por Laura Santos

A gañadora da votación de decembro foi Laura Santos (EFM Concello de Boiro), que encabezou a clasificación grazas ao seu rendemento constante e ao respaldo recibido por gran parte da afección.



Xunto a ela, completaron o Top 3 Candela Vázquez (Victoria FC), unha das xogadoras máis destacadas do seu equipo nesta primeira parte da competición, e Paula González (Sárdoma CF), peza importante nun Sárdoma que non acaba de arrincar esta tempada.

Laura Santos no partido ante o Bergantiños. Cedida

Escolle ás túas xogadoras favoritas de xaneiro

A votación para escoller o teu Top 3 xa está aberto. Podedes votar no formulario que deixamos a continuación. As gañadoras anunciaranse nas redes sociais de FutbolinGalicia.



Descubre o Top 3 de decembro e vota polas túas favoritas de xaneiro

Os Vintage: UD Paiosaco-Hierros 2017/2018

Descubre o Top 3 de decembro e vota polas túas favoritas de xaneiro

Primeira Futgal: Seis grupos, seis líderes e